Tras reunións de traballo cos xefes e/ou coordinadores dos distintos departamentos municipais, para explicarlles os detalles do sistema da implantación da administración electrónica no Concello de Mos e entregarlles a documentación necesaria previa á entrada en vigor da mesma; e a formación de todo o persoal municipal, actualmente xa se atopa funcionando a pleno rendemento no Concello de Mos a administración electrónica.
A sede electrónica da administración local mosense albérgase na plataforma informática ‘es Público Gestiona’ e desenvólvese mediante un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello.
Mediante este sistema o Concello de Mos establécese coma administración electrónica no que respecta á xestión de expedientes, elaboración do catálogo de procedementos, e activación da sede electrónica na que os cidadáns poidan realizar trámites e xestións on line de xeito non presencial e erradicando o formato papel.
Todo este proceso ven dado pola necesidade de adaptación progresiva á Lei 39/2015.
Un dos departamentos municipais nos que máis inflúe este procedemento de dixitalización progresiva é o Rexistro Xeral, sección que deberá ter todo o rexistrado en formato dixital antes do ano 2018.
A implantación total chegará da man do plantexamento de diferentes opcións de dinamización do Concello de Mos como administración electrónica.
O alcance deste proxecto inclúe o servizo para implantación, uso e soporte dunha solución de administración electrónica para concellos, soporte técnico e actualización dos procedementos a nivel xurídico (atendendo aos cambios na lexislación) e dinamización do proceso.
A empresa adxudicataria deste servizo, contratada pola Deputación, é a número un en España e a que presta o servizo á maioría de concellos nos que se atopa implantada a administración electrónica.
A actual plataforma de Administración Electrónica do Concello de Mos precisaba da instalación da versión actualizada do programa e da implantación da mesma xeralizadamente en todos os departamentos do Concello.
O principal obxectivo do proxecto é a dinamización da Administración Electrónica dentro do Concello de Mos para conseguir unha participación masiva por parte do persoal do propio Concello, así como a actualización dos procedementos actuais e a implantación doutros novos.
Dentro da dinamización tamén existe a posibilidade de engadir novos procedementos administrativos aos departamentos para estender o seu nivel de penetración e conseguir un uso máis homoxéneo.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.