Mos celebra o Mes da Biblioteca

Actividades para pequenos e maiores encherán de cultura o municipio durante o presente outubro
Publicado por o día 18/10/2017 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Mos

Mos celebra o Mes da Biblioteca

O Concello de Mos organiza o Mes da Biblioteca con motivo da celebración do Día da Biblioteca o vindeiro 24 de outubro. A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, informou hoxe das actividades que inclúe a programación desta iniciativa:

O día 20 de outubro ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal, sita na Porteliña (Petelos), Canto Conto representará o seu espectáculo “Carmiña Miudiña”.

O 21 de outubro ás 17:00 horas, tamén na Biblioteca, impartirase o Obradoiro Creativo “A Galiña dos Ovos de Conto”, dirixido a nenos/as de 3 a 9 anos de idade con inscrición previa.

O día 24 de outubro das 19:00 horas ás 21:00 horas na Biblioteca Municipal, impartirase un novo taller, esta vez dirixido a maiores de 18 anos e titulado “Obradoiro de Comunicación e Lectura Interpretada”. Tamén é precisa inscrición previa.

Por último, o 29 de outubro ás 12:30 horas no Multiusos das Pozas Os Bolechas representarán a obra “De Chispa a Tatá”.