Mos celebra o seu Certame de Rondallas no que participarán 348 artistas

Terá lugar o sábado 23 de decembro a partir das cinco da tarde na contorna do Pazo de Mos
Publicado por o día 21/12/2017 na sección de Galicia,Mos

Mos celebra o seu Certame de Rondallas no que participarán 348 artistas

Mos celebra o sábado 23 de decembro, ás 17.00 horas, no exterior do Pazo de Mos, o seu Certame de Rondallas. En caso de choiva trasladarase ao Pavillón Óscar Pereiro.

O evento está organizado pola concellería de Cultura que dirixe a edil Sara Cebreiro. Nel participarán un total de 348 rondalleiros e rondalleiras (das catro rondallas mosenses) de todas as idades, dende os 4 ata os 70 anos.

 Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán participará con 65 compoñentes, a Rondalla da Asociación Cultural e Social de Herville levará 75 persoas ao Certame, a Rondalla do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos participará cos seus 118 compoñentes e a Rondalla do Círculo Cultural de Torroso con 90 persoas.

No Concello de Mos existe unha gran tradición de rondallas que se pretende manter e potenciar mediante a organización deste certame.