Dende a concellería de Política Social mosense que dirixe a edil Sara Cebreiro infórmase de que o Concello de Mos ven de emprender unha acción de colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e o Centro de Drogodependencias do Porriño na Campaña de Recollida de Medicamentos e Material Sanitario para o Pobo Saharaui.
A concelleira Cebreiro anima a tódolos/as mosenses “a participar facendo unha doazón, por pequena que sexa, que poderán deixar no departamento municipal de Servizos Sociais de luns a venres en horario de 09.00 horas a 14.00 horas”.
Os medicamentos e material sanitario que se precisan son, entre outros, ácido acetilsalicílico, amoxicilina, protectores gástricos, ibuprofeno, insulina, vitaminas, Nolotil, omeprazol, medicamentos para o asma, pomadas, auga osixenada, sacarina, luvas de látex, tests de embarazo, glucómetros, tensiómetros, fonómetros, termómetros, otoscopios, oftalmoscopios, laringoscopios, etc.
Para obter máis información sobre esta campaña os interesados poden chamar ao teléfono 986 26 26 37, ecribir ao enderezo de correo electrónico [email protected] ou consultar a web www.sogaps.org
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.