Mos continúa en Herville co seu plan de eliminación de barreiras arquitectónicas

O Concello acometeu unha rampa adaptada para cadeiras de rodas e carriños de bebé e que facilita o acceso ás persoas con mobilidade reducida
Publicado por o día 25/10/2018 na sección de Galicia,Mos

Mos continúa en Herville co seu plan de eliminación de barreiras arquitectónicas

O Concello de Mos continúa a traballar a prol da eliminación de barreiras arquitectónicas coa acometida dunha rampa habilitada para cadeiras de rodas e carriños de bebé (e que facilita o acceso ás persoas con mobilidade reducida) na beirarrúa que pasa por diante do Centro Cultural de Herville e que é transitada polos moitos veciños/as usuarios/as do Centro. A rampa facilita o acceso á entrada principal do edificio e tratábase dunha demanda veciñal que xa se atopa satisfeita.

As outras actuacións en materia de eliminación de barreiras que nos últimos meses se veñen realizando dende a administración local mosenses foron as obras necesarias para o mellor acceso ao seu domicilio dunha veciña discapacitada da parroquia de Tameiga e a adaptación do paso de peóns ubicado fronte á farmacia do alto de Puxeiros.

O Concello de Mos continuará o proceso de eliminación de barreiras arquitectónicas para persoas con discapacidade na zona do alto de Puxeiros, onde se concentran unha gran cantidade de servizos como bancos, farmacia, cafeterías…etc. Concretamente os traballos, que serán acometidos con fondos propios municipais, centraranse na adaptación para cadeiras de rodas de dous pasos de peóns.

No caso da veciña de Tameiga, a pesares de ter dous accesos a súa vivenda, ningún deles era digno e lle ofrecía total seguridade para poder utilizar a sua cadeira de rodas; dende o acceso da Rúa Generoso Domínguez ten medo a sufrir un percance desagradable debido a pouca poboación existente nesa zona, e dende o outro acceso ten que usar a cadeira marcha atrás debido á gran pendente que presenta o terreo, o que lle supón un gran risco.

Por este motivo acudiu ao Concello para pedirlle axuda á alcaldesa, Nidia Arévalo, quen dende ese intre se reuniu en máis de unha ocasión con ela amosándolle a súa preocupación e o seu apoio.  Acudiu xunto ca aparelladora municipal e o concelleiro de Vías e Obras varias veces ao seu domicilio tratando de buscar a solución máis axeitada.

Pois ben, as obras de adaptación do acceso á súa vivenda para que poida transitar con seguridade na súa cadeira de rodas xa se atopan rematadas.