Mos dá conta da liquidación do orzamento de 2019 tendo logrado mudar o dato de estabilidade orzamentaria de negativo a positivo

A cifra de estabilidade orzamentaria era de -211.084,16 euros en 2018 e de +1.468.380,47 euros, en 2019

O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría dos seus membros o Plan Económico Finacieiro 2020-2021 e a Dación de Conta da Liquidación do Orzamento do ano 2019 e Informe de Estabilidade Orzamentaria.

Trátase dun trámite necesario por lei e que non esixe ao Concello tomar novas medidas porque estas xa foron tomadas para ser incluídas no orzamento de 2020, e para elo incluiuse no presuposto municipal en vigor un superávit de máis de 1 millón de euros.

Sobre a liquidación do orzamento de 2019 a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declaraba esta mañá na sesión plenaria ordinaria do mes de xullo que “a situación económica deste Concello mudou para ben e as contas melloraron moi favorablemente, xa que nos últimos anos logramos reducir a débeda dos 14 aos 4 millóns de euros”.

E é que a porcentaxe actual de endebedamento bancario do Concello de Mos atópase nun 50%, cando a porcentaxe de endebedamento dun municipio pode chegar ata o 110%, cifra da que se atopa moi lonxe a administración local mosense.

A propia rexedora local recoñeceu que “desde o ano 2018 as arcas municipais non ingresan o suficiente para o que gastan, pero a pesar delo logramos reconducir a situación”. Unha das claves para facelo é que o orzamento do Concello de Mos non ten plan de inversións e, excepto a área de gasto destinada á amortización de débeda pública que ascende a 1.118.476,48 euros, os gastos relativos a realización de obras, fináncianse con subvencións de administracións supramunicipais entre as que se atopan a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.

Arévalo explicaba hoxe que “os datos da liquidación do orzamento de 2019 son para estar satisfeitos e demostran que a xestión económica do Concello de Mos vai polo bo camiño”. Entre os devanditos datos atópase o do Remanente de Tesourería, que pasou de -1.321.734,87 euros en 2018 a -555.093,57 euros en 2019, mellorando en nada menos que 766.641,30 euros. E a previsión é de que nun ano máis esta cifra chegue a cero.

Outro dos datos que mellorou máis que significativamente é o da estabilidade orzamentaria que pasou de ser negativo, -211.084,16 euros, en 2018; a ser positivo, +1.468.380,47 euros, en 2019.

“Estes números son para estar orgullosos”, declarou a alcaldesa, “como así tamén o é o feito de que o orzamento de 2020 está a ser un orzamento cumplidor”. “Xa reconducimos bastante a situación económica do Concello e este ano remataremos de reconducila”, declarou. Así mesmo asegurou que “estes números danse porque somos un Concello que aproba o seu orzamento en tempo e forma antes de que comece o exercizo, porque realizamos unha importante contención do gasto e porque non hai servizo neste Concello que non estea licitado por concurso; polo que considero que podemos felicitarnos”.

Isto é así a pesar dos 150.000 euros que se prevé que a crise sanitaria do COVID-19 lle custe ao Concello de Mos ata final de ano. É por elo que Nidia Arévalo concluiu a súa intervención destacando que “estou moi orgullosa de que nun ano conseguiramos reconducir o gasto logrando estes resultados”.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario