Mos denuncia o incumprimento de R na implantación da banda longa no municipio, para o que recibiu subvención estatal

Desde o Concello vense de notificar ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para que actúe en consecuencia
Publicado por o día 27/01/2021 na sección de Galicia,Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Novas Tecnoloxías, Leo Costas, informaron hoxe de que o Concello ven de notificar por medio da remisión do pertinente oficio ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital que a empresa R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U non completou as actuacións necesarias para a implantación do programa de extensión da banda longa de nova xeración en Mos, pola que recibiu subvención da devandita administración estatal.

Desde a administración local mosense denúnciase que aínda que R solicite unha prórroga, en caso de serlle concedida sería dun ano máis, tempo insuficiente para a acometida xa que as actuacións necesarias nin sequera comenzaron aínda.

É por elo que desde o Concello de Mos se puxo en coñecemento esta situación perante a administración supramunicipal competentes para que actúe en consecuencia.

A día de hoxe o municipio mosense tería que estar xa dotado de internet de alta velocidade grazas ao Programa Extensión da Banda Larga de Nova Xeración da Administración Xeral do Estado, que promovía despregamentos de redes ultrarrápidas de acceso a internet no territorio galego.

Con prazo ata 2020 a empresa R Cable como beneficiaria dunha subvención despregou redes ultrarrápidas en núcleos de toda Galicia (entre eles debería ter estado Mos), que posibilitan servizos de acceso a Internet de de mais de 100 Mbps simétricos mediante fibra óptica.

A última das convocatorias do Estado, publicada en Abril de 2018, contou cunha dotación de 18,5 millóns de euros para Galicia, coa que os operadores puideron continuar incrementando a velocidade de acceso a internet en zonas nas que non había servizo de redes ultrarrápidas, tal era e é, o caso de Mos.

Desde a administración local mosense laméntase que a operadora teña freado a implantación da banda ancha en Mos xusto no momento máis necesario, cando a crise sanitaria da COVID-19 obriga e esixe o teletraballo. Por iso, e a pesar de no ser competencia municipal, está a esixirlle á operadora unha solución e o desbloqueo desta situación e a informar á administración con competencias neste senso para que actúen.

Tanto técnicos municipais como representantes do goberno local levan meses traballando neste asunto, mantendo xuntanzas a este respecto, tanto internas como con representantes da operadora implicada.

E é que ademáis moitas das caixas de fibra das que parte o cableado xa se atopan instaladas ao longo e ancho do termo municipal. Unha vez unha caixa de fibra se atopa instalada, é cuestión de semanas a realización da conexión das vivendas do barrio no que se atopa, ao servizo de internet de banda longa.

É por elo que é necesario que a operadora beneficiaria das axudas estatais cumpra cos programas para os que recibiu subvención e realice a instalación necesaria para que o Concello de Mos conte co despregamento de redes ultrarrápidas de acceso a internet nos núcleos de San Pedro de Cela, Santa María de Dornelas, Santa María de Guizán, San Salvador de Louredo, Santa Eulalia de Mos, San Miguel de Pereiras, San Mamede de Petelos, Santa María de Sanguiñeda, San Martín de Tameiga e San Mamede de Torroso.

A data de hoxe as zonas de Mos que dispoñen de fibra óptica en funcionamento son San Antoíño en Louredo, parte da parroquia de Petelos, e tamén algunhas partes das parroquias de Dornelas e Tameiga.

Comentar noticia

Your email address will not be published.