Mos desminte que perigue o abastecemento por mor da modificación puntual do PXOM

Ante o novo ataque á administración local mosense, neste caso por parte do Concello do Porriño, a alcaldesa Nidia Arévalo reitera que non admite tutelas e que defende o dereito á auga que lle corresponde a Mos
Publicado por o día 28/01/2020 na sección de Galicia,Mos

Mos desminte que perigue o abastecemento por mor da modificación puntual do PXOM

O Concello de Mos continúa a defender os seus dereitos e o interese xeral do municipio ante os constantes ataques que parece que diferentes administracións insisten en propinarlle.

Ao Concello de Vigo e á Deputación de Pontevedra súmaselles agora o veciño Concello do Porriño que se opón á modificación puntual do PXOM de Mos alegando que perxudicaría ó abastecemento de auga á localidade porriñesa.

En primeiro lugar, a concesión de abastecemento de auga para os Concellos de Mos é Porriño é de 500 litros/segundo, correspondendo a metade para cada municipioActualmente entre os dous só utilizan 125 litros/segundo e a modificación puntual nº1 do PXOM de Mos contemplaría unha demanda a maiores do consumo actual de 35 litros segundo, que sumado ao consumo actual daría un total de 160 litros/segundo, moi por debaixo da concesión, quedando aínda un amplo marxe que garante o subministro para o futuro crecemento de Mos e Porriño.

Ademais desde Porriño debería agradecerse a Mos a solidariedade de acoller a estación potabilizadora e a rede de canalización principal que atravesa o municipio mosense para dar servizo de abastecemento de augas aos veciños do Porriño.

Centrándose na parte técnica do subministro de auga, desmentir que poida haber perxuízos no abastecemento, posto que existe un informe previo do Consorcio de Augas do Louro que garante a viabilidade do subministro de auga para a modificación puntual nº1 do PXOM.

O Consorcio de Augas do Louro, integrado polos Concellos de Mos, Porriño e Salceda de Caselas, e presidido pola alcaldesa do Porriño, Eva García de da Torre, aprobou en comité directivo o devandito informe da viabilidade do abastecemento para o complexo deportivo e comercial en Mos. Dito informe foi aprobado e ratificado pola presidencia do Consorcio, é dicir, asinado pola propia Eva García. Polo cal desde o Concello de Mos “non se entende agora este bandazo por parte do Porriño, que se contradice co aprobado anteriormente, e deixando en evidencia a politización desta administración local”.

Aínda que se empeñen en tutelarnos non o consentiremos, queren atarnos de pés e mans e que non progresemos, pero continuaremos coa nosa campaña de defensa de Mos por riba de todo”, continúa Arévalo.

“Ademais chámanos poderosamente a atención”, destaca a alcaldesa de Mos, “que formando parte os dous Concellos do Consorcio de Auguas do Louro en ningunha ocasión previa a esta alegación se nos manifestase ningunha dúbida ou queixa a este respecto”. “E ademais que con este ataque frontal teña posto fin á boa relación que sempre existiu entre os Concellos de Mos e Porriño, simplemente por dar cabida aos intereses políticos socialistas”, sentenciou Nidia Arévalo.

CAMPAÑA DE ACOSO E DERRIBO AO CONCELLO DE MOS

Ao igual que no caso da Deputación Provincial, o Concello do Porriño enviou a nota de prensa sobre a súa alegación antes de presentala e persoouse ás 14.30 horas na Casa Consistorial mosense, cando o Rexistro Xeral levaba pechado desde as 14.00 horas, para presentar presencialmente a alegación en papel; e só as persoas físicas poden facer iso, xa que por lei as administracións están obrigadas a facelo electrónicamente. Finalmente, e por indicación de persoal municipal mosense, presentárona por rexistro da Sede Electrónica do Concello de Mos ás 15.04 horas da tarde.

É por elo que a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, recoméndalle a Eva García de la Torre que “deixe de opinar sobre como funciona á casa do lado e se encargue de atender á súa, que visto o visto a ten bastante desordeada”.

Respecto do subministro de augua Arévalo lembrou que “foi a propia alcaldesa do Porriño a que no seu día foi a ofrecerlle a Carlos Mouriño terreos no seu municipio” e pregúntase a rexedora local mosense “con que auga ía suministrar Porriño eses terreos nos que pretendía que se asentase o Celta, pois sería a mesma que agora lle recrimina a Mos”. E insistiu Nidia Arévalo en que aínda que a señora García de la Torre empregue como argumento que “Porriño segue a medrar en poboación cuns polígonos de máxima actividade, Mos tamén ten dereito a medrar, o mesmo dereito que Porriño ou que Vigo, e non só a ser un municipio de paso afectado por unha das vías máis perigosas de España, como é a A-55, pola autopista AP-9, polo aeroporto, o tren…”. Todas estas afeccións para dar servizo e comunicacións aos Concellos de Vigo e Porriño.

Por último Mos aclara que “tal e como se desprende do informe aprobado en comité directivo do Consorcio, a concesión de auga para a zona é catro veces superior ao total da suma entre o consumo actual e o consumo que se produciría co proxecto en marcha” e conclúe co significativo de que “o Concello do Porriño basee a súa alegación en informes técnicos de fai 12 anos, do 2008, e que ademais veñen a corroborar que a pranta potabilizadora situada no termo municipal de Mos foi construída para dar servizo aos Concellos de Mos e Porriño”.

É por elo que Arévalo insta a De la Torre a rectificar de inmediato este ataque frontal ao Concello de Mos e, en caso contrario, a abandoar a presidencia do Consorcio de Augas do Louro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.