Mos entrega 135 equipaxes para os xogadores da Liga Escolar de Fútbol Sala

A de Fútbol Sala é a actividade extraescolar máis demandada de entre as catro ofertadas e financiadas polo Concello
Publicado por o día 26/02/2018 na sección de Galicia,Mos

Mos entrega 135 equipaxes para os xogadores da Liga Escolar de Fútbol Sala

O Concello de Mos subvenciona catro actividades extraescolares nos Centros de Educación Infantil e Primaria do municipio que son totalmente gratuítas para os participantes. Trátanse de clases de Fútbol Sala, Baloncesto, Balonmano e Multideporte que se imparten nas instalacións dos respectivos centros educativos.

Na disciplina de Fútbol Sala organizouse por primeira vez este curso escolar 2017-2018 unha Liga Escolar na que compiten entre sí os equipos dos 5 CEIPs públicos da localidade mosense. Os partidos dispútanse os domingos pola mañá e cada equipo de cada un dos colexios (Atín, Mestre Martínez Alonso, Mestre Valverde Maio, Pena de Francia e Petelos) conta con dúas categorías establecidas en función da idade dos xogadores/as.


A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro mosense de Educación, Camilo Augusto, e o edil de Deportes, Baldomero Lorenzo, fixeron entrega ás ANPAS dos cinco centros, das equipaxes para os seus respectivos equipos da Liga Escolar de Fútbol Sala. As equipaxes foron xentileza de Alonso y Serodio Seguros e, polo tanto, no acto de entrega estivo tamén presente Pablo Alonso Serodio.

En total entregáronse 135 equipaxes, cada un deles dotado de camiseta, pantalón e medias. 135 equipaxes para os 135 xogadores/as dos cinco equipos de Fútbol Sala dos cinco colexios mosenses. No colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos participan nesta actividade un total de 40 nenos/as, no Pena de Francia 20, e nos de Atín, Sanguiñeda (Mestre Valverde Maio) e Petelos, 25 en cada un deles.

Sen dúbida a de Fútbol Sala é actividade extraescolar máis demandada, pois participan nela 135 cativos dos 304 que constitúen o total de participantes nas catro actividades ofertadas pola concellería de Educación mosense. Na actividade de Multideporte participan 65 rapaces/as, na de Balonmano 64, e na de Baloncesto 40.

A actividade de Multideporte lévase a cabo en catro colexios: Pena de Francia con 16 participantes, Atín con 18, Petelos con 13 e Sanguiñeda (Mestre Valverde Maio) con 18. A actividade de Balonmano impártese nos cinco centros mosenses: Petelos con 10 participantes, Pena de Francia con 18, Sanguiñeda con 10, Atín con 6 e Castro-Mos con 20. E Baloncesto impártese en tres colexios: Pena de Francia con 14 participantes, Castro-Mos con 13 e Atín con 13 tamén.

Para impartir as actividades de Fútbol Sala, Baloncesto e Multideporte o Concello de Mos ten asinado un convenio coa Unión Deportiva Mos, que destina un total de 14 monitores deportivos para levar a cabo as clases. Por outra banda as clases de Balonmano son impartidas polo Club de Balonmano Porriño que destina ás mesmas 4 monitores/as. Polo tanto as actividades extraescolares financiadas polo Concello benefician a un total de 304 alumnos/as mosenses que son formados deportivamente por un total de 18 monitores/as.