Mos estreará próximamente unha nova área de lecer na contorna do Abrente, parroquia de Torroso

Trátase dun parque infantil e con elementos biosaudables subvencionado pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

O procedemento de contratación da instalación dun novo parque na contorna do Centro Cultural Abrente na parroquia de Torroso está a piques de finalizarse de cara ao próximo inicio das obras de acometida da nova área de lecer.

O pasado mes de xaneiro do presente ano asinárase no Concello, a cesión por parte da Comunidade de Montes de Torroso á administración local, dun terreo de preto de 300 metros cadrados a fin de ubicar na devandita parcela un parque infantil situado na contorna do Abrente, co que se dará servizo ás familias de Peinador que demandaban este espazo de lecer infantil ao aire libre desde fai anos.

Para a acometida desta nova infraestrutura e espazo de lecer, ao Concello de Mos foille concedida unha subvención da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2020.

O proxecto municipal denominado “Parque infantil e biosaludables na contorna do Centro Cultural Abrente. Parroquia de Torroso”, ten un orzamento total de 48.400 euros (IVE incluído).

Trátase dun proxecto de gran importancia e que dará servizo a un nutrido número de veciños e veciñas do municipio, xa que a zona de Peinador aglutina unha parte importante de poboación e actualmente carece dunha área de xogos infantís suficiente que acolla o gran número de nenos e nenas que hai na contorna e dunha instalación de elementos biosaudables para todas as idades.

Polo tanto, desde o Concello valórase moi positiva e satisfactoriamente ter podido poñer en marcha esta iniciativa, froito da demanda veciñal, coa que se persegue o obxectivo de ofertar servizos e espazos ou áreas de lecer ao aire libre aos veciños e veciñas do lugar, coa creación dun novo parque infantil nunha zona ampla e despexada.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario