Mos fomenta a reciclaxe de envases lixeiros no sector da hostalería

Este proxecto realízase con fondos do Convenio Marco entre a Xunta de Galicia e Ecoembes
Publicado por o día 03/08/2020 na sección de Galicia,Mos

Mos fomenta a reciclaxe de envases lixeiros no sector da hostalería

Os concelleiros mosenses de Recollida de Residuos e Medio Ambiente Sostible, Gonzalo Alonso e Leo Costas, respectivamente, informaron hoxe de que desde o Concello de Mos vense de poñer en marcha un programa de fomento da reciclaxe de envases lixeiros nos negocios de hostalería mosenses mediante a entrega de colectores e outro material.

Para elo o Concello de Mos a asinou un convenio de colaboración con Ecoembes para poder poñer en marcha este proxecto que se realiza con fondos do Convenio Marco entre a Xunta de Galicia e Ecoembes, co fin de mellorar a calidade e achega da recollida selectiva de envases lixeiros (contedor amarelo).

Trátase do proxecto HORECA, que ten como fin incrementar a recuperación de envases lixeiros e de papel-cartón, propoñendo unha ampliación do ámbito das recollidas selectivas existentes na actualidade. Para iso, actúase nun importante nicho de envases asimilables a domésticos existente nos pequenos e medianos establecementos pertencentes ao sector hostaleiro e de restauración.

Deste xeito perséguese conseguir un aumento na taxa de reciclaxe a través da recollida selectiva de envases lixeiros asociada á devandita canle.

Para levar a cabo esta acción, realízase de maneira coordinada entre o Concello de Mos, concretamente as concellerías de Recollida de Lixo e Medio Ambiente Sostible, e Ecoembes. Tras a sinatura do acordo entre ambas entidades, que non implica aportación económica por parte da administración local, detectáronse os establecementos obxecto do estudo que foron a continuación visitados por monitores que lles consultaron o interese de adherirse voluntariamente ao proxecto de establecementos localizados.

O pasado 6 de xullo, a asistencia técnica para a implantación da recollida selectiva no sector de hostalería (HORECA), iniciou as visitas nos locais de hostalería do concello.

Tras elo procedeuse a identificar as necesidades operativas de cada un deles e para a posta en marcha do servizo é necesaria a entrega aos mesmos de cubos/papeleiras e material. Tamén se emprende unha campaña de comunicación e formación aos establecementos participantes que reciben unha pegatina identificativa como “ECOhosteleiro”.

Ecoembes asume todos os custos vinculados á entrega dos cubos/papeleiras e á formación, facéndose cargo tamén do pago dos envases lixeiros recolleitos en liña co indicado no convenio de colaboración.

Máis detalles do proxecto

O Concello de Mos e Ecoembes, entidade sen ánimo de lucro que xestiona a reciclaxe de envases lixeiros e papel cartón depositados polo cidadán nos colectores de recollida selectiva municipal en toda España, están a colaborar nesta nova campaña co fin de facilitar a recollida selectiva e reciclado nos establecementos da canle HORECA en Mos.

Para iso Ecoembes en colaboración con Mos, pon a disposición dos establecementos da canle HORECA, a prestación dun servizo de asesoramento encargado de avaliar xunto a cada establecemento os medios necesarios que facilitarían a participación na reciclaxe de envases lixeiros. Os establecementos que se sumaron á iniciativa, dispoñen de medios para depositar os devanditos residuos nos colectores amarelos municipais.

O sector da hostalería e a restauración ten un importante papel para seguir incrementando a reciclaxe de envases lixeiros no noso municipio. A colaboración e participación dos hostaleiros é fundamental á hora de realizar unha correcta separación de envases lixeiros (envases de plástico, bricks e envases de aceiro e aluminio) que se consumen nos seus establecementos para que sexan posteriormente depositados no colector municipal amarelo.

A súa implicación é fundamental para seguir contribuíndo no incremento da reciclaxe de envases lixeiros no municipio e na mellora e conservación do medio ambiente. Grazas ao poder da colaboración de todos os cidadáns, alcanzouse xa unha taxa de reciclaxe global do 74,8% de envases lixeiros e papel cartón.

Comentar noticia

Your email address will not be published.