Mos habilita un teléfono para concertar visitas guiadas á Cidade Deportiva ‘Afouteza’ do RC Celta

Os interesados en facer a súa reserva poderán chamar a partir do vindeiro luns en horario de 09.00 a 14.00 horas
Publicado por o día 12/12/2020 na sección de Galicia,Mos

O Concello de Mos informa da posibilidade de concertar a través da administración local mosense visitas guiadas á nova Cidade Deportiva ‘Afouteza’ do RC Celta en Pereiras.

Para elo o Concello habilita unha liña telefónica a tal fin, en horario de 09.00 horas a 14.00 horas, de luns a venres, para que os/as mosenses interesados/as poidan reservar a súa visita guiada ás recentemente estreadas instalacións deportivas celestes. O número de teléfono ao que a veciñanza poderá chamar a partir do vindeiro luns, 14 de decembro, para este fin é o 986 33 74 53.

Ademais desde o Concello de Mos remitirase invitación oficial para realizar este tipo de visitas guiadas ás Asociacións Veciñais e Culturais do municipio, Comunidades de Montes e de Augas, clubes deportivos e colexios.

Desde a Comunidade de Montes de Pereiras, en cuxos terreos se construiu a nova infraestructura deportiva céltica, xa están a xestionar directamente co Clube as visitas guiadas para a veciñanza da parroquia de Pereiras, que xa se atopan en marcha.

Agora desde o Concello actívase este novo servizo para que todas as persoas que desexen coñecer en detalle e en persoa a Cidade Deportiva ‘Afouteza’ poidan facelo concertando unha visita guiada, previa chamada ao número de teléfono anteriormente citado.

Comentar noticia

Your email address will not be published.