Mos homenaxea ao U.D. Mos Femenino polo seu ascenso a Primeira Nacional

O equipo infantil da Unión Deportiva logrou tamén ascender a Primeira Galicia
Publicado por o día 13/08/2020 na sección de Galicia,Mos

Mos homenaxea ao U.D. Mos Femenino polo seu ascenso a Primeira Nacional

Esta tarde celebrouse nos exteriores do Pazo de Mos a recepción ás xogadoras do U.D. Mos Femenino polo seu ascenso a Primeira Nacional e entregóuselle tamén o diploma por parte da Federación Galega de Fútbol ao equipo Infantil da U.D. Mos polo seu ascenso a Primeira Galicia.

No acto estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Rafael Louzán, presidente da RFGF, Fernando Iglesias, vicepresidente da RFGF en Vigo, Delfín Alonso, delegado de Vigo da RFGF, Pablo Alonso Serodio, presidente da U.D. Mos, Begoña Toucedo, concelleira de Deportes; a Capitana do U.D. Mos Feminino, Yolanda Lago; Telmo González, adestrador do U.D. Mos Feminino, Mario Alonso, capitán do equipo da U.D. Mos Infantil que ascendeu a Primeira Galicia, Borja Campo, capitán equipo da U.D. Mos Infantil, José Antonio Ucha, adestrador equipo U.D. Mos Infantil, José Ángel Cortegoso, 2º adestrador equipo U.D. Mos Infantil, demais membros da Corporación Municipal, demais membros da Federación Galega de Fútbol e da directiva e equipo técnico da Unión Deportiva Mos, e as xogadoras do U.D. Mos Femenino.

Cristian Taibo, coordinador deportivo da U.D. Mos, fixo de mestre de ceremonias conducindo o acto e narrando a historia do ascenso a Primeira do U.D. Mos Femenino e o que supón para o clube este grandísimo logro.

Pola súa banda, tamén fixeron unha emotiva intervención a Capitana do U.D. Mos Feminino, Yolanda Lago, e Vanesa Rodríguez. Ambas son as xogadoras máis veteranas do equipo e que, ademais, precisamente retíranse esta tempada, polo que as súas palabras foron cargadas de gran emoción e sentimento.

Tras elas chegaron as verbas do presidente da U.D. Mos, Pablo Alonso Serodio, da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e do presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.

Todos os presentes concluíron en destacar a valía destas mulleres e o meteórico da súa traxectoria deportiva, sendo un auténtico exemplo de traballo duro, esforzo, superación e deportividade para toda a cidadanía mosense e un verdadeiro orgullo para o Concello de Mos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.