Mos instalou varios centos de trampas para a Vespa velutina

Atópanse a 1,5 metros do chan e non supoñen ningún tipo de perigo para a veciñanza
Publicado por o día 24/03/2017 na sección de Galicia,Medio Ambiente,Mos,Vigo

Mos instalou varios centos de trampas para a Vespa velutina

Tras a campaña de control e retirada de niños de Vespa velutina realizada pola concellería mosense de Medio Ambiente que dirixe a edil Julia Loureiro durante os pasados meses de xaneiro e febreiro, agora atópanse en marcha as medidas de prevención baseadas na captura con trampas das raíñas fundadoras.

Ata principios de agosto é o período de máxima actividade destas vespas. As medidas que se están a desenvolver consisten básicamente en capturar ás raíñas fundadoras, que son as que crean os niños, e anualmente saen de cada niño entre 100 e 500 raíñas fundadoras. Para capturalas utilízase o sistema de trampeo (instalación de trampas) e previamente establecéronse zonas de control nas inmediacións dos niños creados o ano pasado e que todavía se atopan en pé. O número de trampas que se van a colocar estará entre as 400 e as 800 en función das necesidades.

Os obxectivos principais destas medidas preventivas son controlar a poboación de Vespa velutina en Mos e reducir o número de niños.

O Concello de Mos está a xestionar o control da Vespa velutina empregando fondos propios dende o día 16 de marzo, colocando varios centos de trampas destinadas á regularización e captura de raíñas fundadoras deste insecto. Desta maneira estase a tratar de conseguir reducir a poboación do mesmo menguando así o número de niños neste ano de Vespa velutina, isto terá un impacto directo na tranquilidade da poboación, os custes que supón a desactivación dos devanditos niños, reducir os danos en cultivos fructícolas e contribuir á protección das abellas autóctonas.

 

A edil Julia Loureiro explicou que os varios centos de trampas que xa se colocaron instaláronse sobre todo nas zonas potencialmente máis conflitivas como son os lugares onde había niños de Vespa velutina, preto de árbores con flor ou que poidan ter pole ou pulgón, e de galpóns nos que se garda material apicultor. Sempre nun radio de entre 200 e 400 metros de distancia dos devanditos puntos. As trampas distribuíronse por todo o termo municipal reforzando sobre todo as zonas próximas a ríos e regatos, que son as máis perigosas.

 

Así mesmo Loureiro informou de que o líquido contido nas trampas, situadas a unha altura de 1,5 metros do chan, non representa ningún tipo de perigo para a veciñanza e que os obxectivos desta campaña son “evitar que lles afecte aos apicultores que teñen colmenas de abellas autóctonas e á veciñanza en xeral, e que se xenere unha plaga de Vespa velutina coma a do ano pasado”.