Mos intensifica a limpeza viaria e de zonas verdes este verán

O Concello conta con 43 traballadores/as dedicados/as á realización destes labores

Un total de 43 persoas de diferentes departamentos contribúen a manter un Mos limpo durante a tempada estival ao tempo que se fomenta a prevención de incendios forestais.

Desde o Concello estanse a intensificar os labores de desbroce e limpeza viaria con motivo do verán. O Concello de Mos conta neste momento con 43 traballadores/as dedicados/as a labores de desbroce e limpeza viaria e de zonas verdes.

Así o informaron hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Parques e Xardíns e Servizos para a mellora do entorno rural e urbano, Baldomero Lorenzo; quenes se achegaron a algunhas das zonas obxecto de limpeza para supervisar os traballos que se están a levar a cabo.

Destes 43 traballadores/as que manteñen Mos limpo e protexido de lumes forestais, 8 pertencen á empresa concesionaria do servizo municipal de limpeza viaria.

4 son traballadores municipais da administración local en plantilla: 2 conductores de camión dedicados a desbroce e 2 dedicados a limpeza de fontes e marquesinas.

Por outra banda con cargo á liña 3 do Plan Concellos están traballando 11 persoas que realizan tarefas de limpeza viaria, recollida de residuos e mantemento de parques e xardíns.

E con cargo ao Convenio interadministrativo subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Mos para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, contratáronse a 12 traballadores nos postos de Oficial 1ª conductor motobomba (7), Xefe de brigada (1) e Peóns (4).

Tamén a través doutra subvención da Xunta de Galicia está a traballar neste ámbito 1 persoa preceptora de RISGA e 2 na brigada contra incendios a través do programa de fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en postos de peón forestal.

Por último participan tamén nestes labores de limpeza 5 mulleres contratadas por medio dunha axuda da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia a través dun programa da Secretaría Xeral da Igualdade, que rematan esta semana o seu contrato.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario