Mos inviste máis dun millón de euros en 2017 no fomento do emprego

Esta cantidade, procedente de axudas autonómicas, duplica a inversión do ano pasado
Publicado por o día 27/12/2017 na sección de Galicia,Mos

Mos inviste máis dun millón de euros en 2017 no fomento do emprego

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, fixeron hoxe balance da inversión autonómica en 2017 en materia de emprego no municipio, cun resultado que supera o millón de euros e duplica a cifra do pasado ano 2016.

Concretamentea as subvencións condedidas ao Concello de Mos a través da concellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia foron para a contratación de persoal dende a administración local de Cooperación, de Orientación Laboral, desempregados/as preceptores/as da RISGA, para impartir Accións Formativas para desempregados (cursos AFD), cursos para a mocidade, dous Obradoiros de Emprego (Mos Verde II e Mos Rehabilita) e para a realización do novo Plan Integrado de Emprego; e ascenderon a un total de 1.053.389,3 euros, fronte ós 501.476 de 2016.

Nas axudas para o fomento do emprego e mellora da empregabiliade no ámbito da cooperación coas entidades locais incluiuse un programa de apoio á área de deportes coa contratación de 2 socorristas durante 2 meses para a piscina de San Eleuterio. O importe concedido ascendeu a 6.400 euros.

Grazas á subvención para entidades locais que contraten traballadores desempregados preceptores da RISGA para a realización de obras e servizos de interese xeral e social reforzando ás áreas de rehabilitación, mantemento e administrativas do Concello, a administración local mosense contratou 1 auxiliar administrativo e 4 péons de obra pública durante 7 meses, para o cal percibiu unha axuda económica autonómica de 49.748,09 euros.

Coa subvención a entidades para a contratación de persoal técnico de orientación laboral, o Concello de Mos dálle continuidade ao contrato do seu técnico especialista nesta materia durante 12 meses. O importe concedido a tal fin ascendeu a 25.000 euros.

Así mesmo o Concello de Mos recibiu unha axuda de 278.070 euros para impartir 4 accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia, AFD. Os cursos concedidos son Soldadura oxigás e soldadura MIG/Mag (subvención de 77.826 euros), Montaxe e mantemento de instalación eléctricas de baixa tensión (subvención de 94.102,50 euros), Deseño de productos gráficos (subvención de 58.921,50 euros) e Montaxe e mantemento de redes de auga (subvención de 47.220 euros).

Dentro das subvencions para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas novas inscritas no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para os anos 2017/2018, ao Concello de Mos fóronlle concedidas 2 accións formativas: unha de Atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio (axuda de 51.998,40 euros) e outra de Promoción turística local e información ao visitante (axuda de 62.339,40 euros). Percibindo neste senso unha aportación autonómica total de 114.337,8 euros.

Obradoiro de Emprego Mos Rehabilita que comezou o pasado 11 de outubro e rematará o 10 de xullo de 2018 conta cunha subvención autonómica de 279.959,00 euros e dá traballo a 20 persoas distribuídas en dúas especialidades: a deAcabados de construción con novos materiais que conta con 12 alumnos/as-traballadores/as e a de Fabricación mecánica que conta con 8 alumnos/as-traballadores/as.

Obradoiro de emprego Mos Verde II conta cunha subvención de 140.188,65 euros da Xunta de Galicia. Ten unha duración de seis e participan nel 15 alumnos/as-traballadores/as: mozos e mozas menores de 30 anos que se están a formar nas modalidades de de Deseño gráfico (7 persoas), e Limpeza de Espazos Públicos e Xestión de Residuos (8 persoas).

Por último atópase a axuda autonómica destinada ao III Plan Integrado de Emprego “Mos 3.0” cuxo importe concedido ascende a 159.685,84 euros. O importe total proxecto é de 192.392,58 euros polo que o Concello cofinancia unha parte: 32.706,74 euros.

Os representantes municipais, Arévalo e Soto, declararon a este respecto que “a pesar de non ser unha competencia municipal, o emprego é unha das principais prioridades deste goberno, como demostra a xestión municipal realizada para duplicar a inversión autonómica en Mos nesta materia, chegando a superar o millón de euros. E pola nosa banda, dende o Concello, tamén facemos esforzos por apoiar ós plans e programas de fomento do emprego, e por iso no orzamento para 2018 increméntase esta partida en 20.000 euros; confírmase, polo tanto, que Mos é territorio de oportunidades para as persoas en situación de desemprego”.