Mos mellora o Pavill√≥n √ďscar Pereiro con obras de mantemento de cara √° vindeira tempada

Alcaldesa e concelleira de Deportes supervisaron esta ma√Ī√° os traballos que se est√°n a acometer no vaso da Piscina Municipal
Publicado por o d√≠a 31/07/2020 na sección de Galicia,Mos

Mos mellora o Pavill√≥n √ďscar Pereiro con obras de mantemento de cara √° vindeira tempada

A alcaldesa de Mos, Nidia Ar√©valo, e a concelleira de Deportes mosense, Bego√Īa Toucedo, visitaron hoxe as instalaci√≥ns da Piscina Municipal do Pavill√≥n √ďscar Pereiro para supervisar os labores de mantemento e mellora que, como cada ver√°n, se est√°n a acometer por parte do Concello para manter nas mellores e m√°is √≥ptimas condici√≥ns as dependencias deportivas de cara √° nova tempada.

Os traballos que se están a realizar consisten no encintado do vaso da piscina e selado dos azulexos, así como tarefas de mantemento na sauna, vestiarios, etc. para que todos os espazos estean perfectamente preparados para o inicio da vindeira tempada.

Ademais a maiores, e neste caso con cargo ao Plan Concellos, a administraci√≥n local mosense executar√° a mellora da cuberta do Pavill√≥n √ďscar Pereiro na s√ļa parte transl√ļcida. Substituiranse t√≥dalas pranchas existentes substitu√≠ndoas por outras novas de policarbonato celular de 30 mm de espesor e 900 mm de ancho. As novas pranchas estar√°n ancoradas √° estrutura portante mediante abrazadeiras de ancoraxe.

Con esta mellora obterase unha transmisión de luminosidade do 52%, o que suporá un aforro na enerxía eléctrica da instalación e lograrase maior claridade no interior do pavillón, ademais de evitar as filtracións de auga. A integración co resto da cuberta é perfecta, por ter un sistema de unión en forma de alas, polo que forma un plano compacto, unindo as pranchas. Ademais asegura a entrada da luz sen necesidade de cambios de temperatura e evita fugas térmicas ou entrada de humidades.

A superficie en planta da cuberta do pavillón é de 1.298,00 metros cadrados, sendo a superficie de policarbonato de 500 metros cadrados. O orzamento de execución material ascende a 21.000 euros.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.