Mos no Parlamento de Galicia

A mosense Feli Rodríguez xa é oficialmente, desde hoxe, deputada autonómica do Partido Popular
Publicado por o día 14/12/2020 na sección de Galicia,Mos,Partido Popular,Política

Mos no Parlamento de Galicia

Cos nombramentos de José Manuel Cores Tourís e Jesús Vázquez Almuíña como novos presidentes do Porto de Vilagarcía e da Autoridade Portuaria de Vigo, respectivamente, a mosense Feli Rodríguez pasa a ser deputada autonómica desde hoxe mesmo.

Esta mañá dirixiuse xa ao Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela, onde presentou no Rexistro a credencial que manifesta que foi proclamada deputada electa, así como toda a documentación necesaria que lle foi requerida.

Pola súa banda, recibiu a acta que a acredita oficialmente como deputada e asistiu á súa primeira reunión co Grupo Parlamentario do PPdeG.

Será o vindeiro luns 21 de decembro cando Feli Rodríguez Carrera xure o seu cargo.

Rodríguez Carrera, membro do Comité Local dos populares de Mos, foi elixida para formar parte da lista electoral ao Parlamento de Galicia do PPdeG nos pasados comicios autonómicos. Veciña da parroquia de Tameiga, Feli Rodríguez é unha mosense que representa a aposta clara e firme da alcaldesa, Nidia Arévalo, que lle realizou persoalmente a petición ao presidente Feijóo para que contase con ela. Sobre ela Arévalo sempre asegurou que “será a mellor defensora de Tameiga e de Mos no Parlamento e a súa presenza é unha aposta total e absoluta pola muller e a igualdade de xénero”.

Feli Rodríguez é a primeira muller deputada autonómica da comarca da Louriña no Parlamento de Galicia, só precedida por outro representante mosense, neste caso varón, o ex alcalde tamén popular Justo José González Ballesta.

Quen é Feli Rodríguez Carrera

María Felisa Rodríguez Carrera. 23/Xaneiro/1964 (56 anos). É Administrativo e iniciou estudos de Dereito na UNED. Profesionalmente leva desenvolvendo actividades administrativas máis de 30 anos, tanto por conta propia como allea. A súa gran empatía resulta fundamental á hora de desenvolver traballos en equipo e enfrontarse á resolución de problemas, ámbitos nos que destaca, así como o seu afán de traballo e perseveranza.

Comentar noticia

Your email address will not be published.