Mos pecha temporalmente todos os cemiterios

Trátase dunha nova medida municipal extraordinaria para previr e conter o COVID-19 e mitigar o seu impacto
Publicado por o día 20/03/2020 na sección de Galicia,Mos

Mos pecha temporalmente todos os cemiterios

Desde o Concello de Mos infórmase de que con data de hoxe, venres 20 de marzo de 2020, acordouse por resolución da Alcaldía o peche temporal de todos os cemiterios do municipio para visitas de público, abríndose unicamente nos casos de sepelios.

Todos os cemiterios mosenses, tanto os municipais como os parroquiais, atópanse xa clausurados e precintados pola Policía Local de Mos (adxúntase fotografía).

Tamén se elaborou un Bando (adxunto no correo) para informar á veciñanza desta nova medida temporal necesaria de carácter extraordinario para previr e conter o virus e mitigar o seu impacto sanitario, social e económico.

Todas as medidas municipais emprendidas nesta situación excepcional de crise sanitaria son debidas ao avance dos contaxios polo COVID-19, para protexer a saúde e seguridade dos cidadáns, conter a progresión da enfermidade e reforzar o sistema de saúde pública. E dado que o Goberno declarou o Estado de Alarma, previsto no artigo 116.2 da Constitución Española, mediante Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo de 2020.

Comentar noticia

Your email address will not be published.