Mos pechará o 2019 con 5 millóns de euros de débeda bancaria

A fianis de 2018 a débeda ascendía a 6.771.743,99 euros e en decembro deste ano alcanzará os 5.387.030,37 euros, polo que a amortización anual é de 1.384.713,62 euros.
Publicado por o día 03/10/2019 na sección de Galicia,Mos

Mos pechará o 2019 con 5 millóns de euros de débeda bancaria

Con motivo da vindeira aprobación en Pleno da Corporación Municipal da Conta Xeral de 2018, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o segundo tenente de alcalde e concelleiro de Facenda, Contratación e Transparencia, Alberto Méndez, informaron da reducción da débeda bancaria municipal, que alcanzará este ano o 1.384.713,62 euros, pasando de 6.771.743,99 euros a data 31 de decembro de 2018, a 5.387.030,37 euros a finais deste mesmo ano. Este dato ven aportado por un Informe de Tesourería que o certifica.

Esta reducción de débeda foi posible, segundo explicaron os representantes municipais, Arévalo e Méndez, “grazas a unha xestión responsable e eficiente da Facenda municipal baseada na amortización inmediata, en non recurrir a ningunha operación de préstamo bancario, en optar por recorrer a fondos propios para a acometida de proxectos e obras e, sobre todo, en facer unha moi boa xestión de solicitude de subvencións a outras administracións para aliviar a carga de gastos municipais e evitar ter que solicitar créditos bancarios”.


E é que durante o presente ano 2019 o importe das subvencións solicitadas e concedidas ao Concello de Mos aproxímase aos 3 millóns de euros. Ascende exactamente a 2.749.604,47 euros que serven para financiar maiores gastos dos inicialmente presupostados. O 59,59% desas subvencións financia gastos de inversión.

Ademais Nidia Arévalo e Alberto Méndez informaron de que “o equipo de goberno xa estamos traballando na elaboración do orzamento municipal para o vindeiro ano 2020 con esta mesma tendencia baseada en tres liñas fundamentais: xestión para a obtención de subvencións das administracións supramunicipais, austeridade dende o punto de vista do gasto e consolidación da tendencia de reducción da débeda bancaria, sen contemplar nin incluír a solicitude de ningún préstamo”.

Por último rexedora local e edil de Facenda anunciaron a boa nova de que, xunto coa débeda bancaria, redúcese tamén por conseguinte a débeda per cápita por habitante que pasa de 444 euros a finais do ano 2018, a 355,77 euros ao remate do presente 2019 (88,23 euros menos por persoa).

Comentar noticia

Your email address will not be published.