A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Participación Cidadá, Julia Loureiro, e a edil de Cultura, Sara Cebreiro, membros da organización e público potencial do evento, presentaron a primeira edición do festival de cultura urbana “DeMostra”.
“DeMostra” nace baixo o concepto de revitalizar o municipio de Mos nunha única data chea de dinamismo, cargada de entusiasmo e actividades. Coas cales idéase aproximar a cultura urbana ás mozas e mozos mosenses, como tamén á poboación das localidades próximas que se achegue ata o evento.
O desenvolvemento do festival “DeMostra” está programado para que se desenvolva durante toda a xornada do próximo 16 de setembro en horario de 11:00 horas a 21:00 horas, no contorno do Edificio Multiusos das Pozas. Esta localización facilitará o ambiente distendido e permitirá tamén aproveitar as propias estruturas coas que conta o emprazamento ao seu ao redor, ligadas ás actividades que se realizarán.
Colaborando coa dirección do evento atópanse outras organizacións e colectivos como “Vella Escola”, “Mondaka D.I.E. Skatepark” ou “WS Skateboard” que se encargarán de supervisar e impartir os distintos obradoiros que se sucederán ao longo do día capitaneados por expertos nas distintas disciplinas que se dividirán nas incribles modalidades de: “Grafiti”, “Beatbox”, “Breakdance”, “Parkour”, “Skate” e “BMX”.
Tamén contarase, durante o transcurso do evento, de diversos “FoodTrucks” para o goce de todos os asistentes; que axudarán a amenizar a estancia e evitarán que ninguén pase fame nin sede durante o evento, ao tempo que darán un toque de frescura.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.