Mos promociona os beneficios da actividade física acuática para as mulleres embarazadas

Ante os bos resultados coas participantes na clase de ximnasia na auga, os monitores da Piscina Municipal en coordinación coa matrona do Centro de Saúde planifican a creación dun grupo específico de mulleres en estado de xestación
Publicado por o día 04/04/2018 na sección de Galicia,Mos

Mos promociona os beneficios da actividade física acuática para as mulleres embarazadas

O Concello de Mos impartiu esta mañá no Centro de Saúde de Mos unha charla que se levou a cabo na aula de clases preparto. A charla, impartida polos monitores Paco Villanueva e Lorena Lago, tiña como obxectivo expoñer os beneficios da actividade física na auga para mulleres en periodo de xestación.

Na Piscina Municipal de Mos impártese xa a actividade de ximnasia na auga, que conta con algunhas usuarias embarazadas, pero o que se pretende é poñer en marcha unha alternativa á mesma formando un grupo integrado únicamente por mulleres en estado de xestación.

Na charla estivero presente tamén a matrona do Centro de Saúde de Mos, ademais, por suposto, dos ponentes, dous monitores municipais cun amplo currículo deportivo. Lorena Lago é monitora deportiva do Concello de Mos dende 2006, Técnico Superior en Actividades Físicas e Deportivas e Diplomada en Maxisterio na especialidad de Educación Física. Paco Villanueva é monitor deportivo do Concello de Mos dende 2006, Diplomado en Maxisterio na especialidade de Educación Física, Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e Adestrador Superior de Natación pola RFEN.

Durante a charla, aberta a todo o público interesado e que contou coa presencia de un significativo número de mulleres embarazadas, explicáronse os beneficios da actividade física na auga para mulleres en periodo de xestación, xa que a actividade física moderada repercute de maneira beneficiosa nas mulleres embarazadas ao axudarlles a manter o control de peso, reducir o risco de padecer diabete xestacional ou diminuir a probabilidade de parto por cesárea entre outros moitos beneficios.

Lago e Villanueva informaron de que “a auga é un medio que favorece a realización desta actividade física moderada ao diminuirse o peso corporal cando se está nel e reducirse os impactos e xestos bruscos que poidan ser causa de lesións”.

No curso 2015/2016, respondendo a demanda de moitos usuarios dunha actividade diferente aos cursiños de natación, os monitores deportivos do Concello de Mos escomenzan a impartir esta actividade de ximnasia na auga que se caracteriza porque non se traballa en base aos estilos clásicos da natación, non é necesario saber nadar e exercítase todo o corpo mediante actividades ximnásticas de forza e coordinación.

Comezouse con un cursiño de dous días a semana polas tardes. O seguinte curso, 2016/2017 ampliouse e ofertouse outro polas mañás. Actualmente, ante a resposta masiva dos usuarios a oferta é a seguinte: luns e mercores ás 19:30 horas, martes e xoves ás 10:00 horas, 20:15 horas e 21:00 horas e mércores e venres ás 9:30 horas. Esta actividade é idónea para que a realicen as mulleres en periodo de xestación por tódolos beneficios que o exercicio físico na auga ten para elas e porque non precisa de aprendizaxes previos. Trabállanse tódalas partes do corpo e a intensidade nunca é excesiva.