Mos recibe da Xunta de Galicia unha subvención de 240.000€ para a creación dun viveiro industrial no polígono empresarial da Veigadaña

Este proxecto que xestionará o Concello conxuntamente con AEMOS esta valorado en 300.000 € e supón unha aposta decidida pola dinamización empresarial do municipio ,
Por o 15/05/2018 | Sección: Galicia,Mos
Mos recibe da Xunta de Galicia unha subvención de 240.000€ para a creación dun viveiro industrial no polígono empresarial da Veigadaña

O Concello de Mos, acollido á iniciativa Doing Business Galicia, creará un  Centro de Servizos Avanzados para a Industria, ao abeiro desta subvención, cuxo obxectivo é crear un centro que posibilite recursos e xenere negocios, que acompañe á actividade produtiva de cada emprendedor, desenvolvendo sinerxias que permitan a todas as empresas mellorar asúa competitividade, amplair as súas expectativas de crecemento e garantizar a supervivencia a longo prazo.

Este proxecto xestouse nun convenio asinado o pasado mes de abril  entre o Concello de Mos e a Asociación de Empresarios de Mos ,AEMOS,  na que ésta  realiza a cesión parcial do dereito de superficie da parcela necesaria a favor do Concello de Mos que dará lugar á subrogación pola administración local que se compromete a executar unha edificación industrial con destino a viveiro de empresas no espazo obxecto do convenio. Para elo o Concello de Mos asignará a axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a realización do mesmo, consistente en 240.000 euros, que representa o 80% da inversión total de 300.000 euros.

A Asociación de Empresarios de Mos aportará, de fondos propios, un importe do 20% da inversión total, é dicir, 60.000 euros.

O Viveiro de empresas de Mos proxectase como un instrumento básico no proceso de creación e fortalecemento da microempresa e das PEMES. A través do mesmo, as empresas nas súas etapas iniciáis obterán formación, asesoramento, apoio na busca de financiación, … Incentivaráse a cultura da innovación, a promoción empresarial, a formación de novos emprendedores, e a cooperación empresarial.

Os obxectivos do viveiro son:

1. Favorecer o nacemento, arranque e consolidación de novas empresas.

2. Favorecer a xeración de emprego.

3. Diversificar a estrutura produtiva local, favorecendo a instalación de empresas con carácter innovador e diferenciador.

4. Crear un medio idóneo que permita ás iniciativas empresariais desenvolver o seu Plan de Empresa para que, cun tempo de estancia limitado, estean en situación de competir e actuar en condicións de mercado.

5. Contribuír á dinamización económica do municipio.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.