Mos recoñece os éxitos deportivos das categorías base da Unión Deportiva Mos esta tempada

Os alevíns ascenderon a Primera Autonómica e os prebenxamíns e benxamíns quedaron campións e subcampións de Copa, respectivamente
Publicado por o día 08/06/2018 na sección de Galicia,Mos

Mos recoñece os éxitos deportivos das categorías base da Unión Deportiva Mos esta tempada

A Corporación Municipal mosense recibiu no Salón de Sesións do Concello aos nenos dos equipos Alevín, Prebenxamín e Benxamín da Unión Deportiva Mos “para recoñecer os bos resultados acadados na Liga que recentemente acaba de concluir”, segundo declararon a Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Deportes, Baldomero Lorenzo.

Os xogadores, que veñen de realizar unha fantástica tempada, acudiron á recepción acompañados dos seus pais e nais, do presidente da U.D. Mos, Pablo Alonso Serodio, do director deportivo do club, Cristian Taibo, e dos seus adestradores.

O equipo de alevíns quedou subcampión de Liga logrando o ascenso a Primeira Autonómica, máxima categoría nestas idades. Pola súa banda os prebenxamíns e benxamíns, que xa xogan en Primeira Autonómica, quedaron campións e subcampións de Copa, respectivamente. Ambos xogaron a final contra o Val Miñor.

Ademais os prebenxamíns disputaron a Fase Final do Campionato Galego quedando en terceira posición.

A pesar do duro e bo traballo realizado esta tempada, tanto o equipo Prebenxamín como o Benxamín da Unión Deportiva Mos, aínda non comezan o seu descanso deportivo, e participarán esta fin de semana no XV Torneo Fútbol Base de Ribadeo (Lugo).

Presidente e director deportivo do club, Alonso Serodio e Taibo, destacaron que “o recoñecemento municipal dos éxitos deportivos acadados por estes cativos nesta última tempada ven a reforzar a aposta deportiva que dende a U.D. Mos facemos polas categorías base”.