Mos reduce a taxa do paro ás cifras de antes da crise

No último mes insertáronse laboralmente preto de 120 veciños/as desempregados/as
Por o 28/08/2017 | Sección: Galicia,Mos
Mos reduce a taxa do paro ás cifras de antes da crise

O Concello de Mos continúa a reducir o seu índice de paro acadando as cifras máis baixas dende 2012. A data 31 de xullo de 2017 o número de desempregados en Mos ascendía a 1.156 persoas, 113 parados menos que na mesma data do ano pasado e 592 menos que en xullo de 2012.

A evolución da taxa do paro dende o ano 2013 ven sendo descendente de xeito progresivo. Tomando como referencia o mes de xullo, en 2012 había en Mos 1.748 parados, en 2013 1.759, en 2014 1.679, en 2015 1.461, en 2016 1.269 e actualmente 1.156.

En comparativa cos municipios veciños de O Porriño e Redondela, a localidade mosense é tamén a que conta cun menor número de desempregados na actualidade, habendo 1.663 no Porriño, e 1.881 en Redondela.

Para o Concelleiro de Emprego Óscar Soto, “esta baixada do índice de paro é froito dos esforzos realizados por este equipo de goberno na súa loita para erradicar o desemprego”. E é que desde o Concello de Mos vense traballando desde 2011 con diversas medidas proactivas para combater o desemprego.

A Concellería de Emprego tamén xestiona a Axencia de Colocación, a través da cal cada vez máis empresas demandan candidatos desempregados, actuando o Concello como axente de intermediación laboral. Todo iso co fin último de propiciar aos demandantes de emprego un traballo adecuado ás súas características, facilitando con iso ás empresas os traballadores máis cualificados para cubrir as súas necesidades en particular.

Desde a chegada ao consistorio do actual equipo de goberno, e grazas ás políticas de emprego desenvolvidas pola concellería da área, o número de desempregados foi descendendo paulatinamente ata colocar a Mos en datos de desemprego anteriores ao estalido da crise.

“Mos segue sendo a locomotora da creación de emprego na comarca, o que aínda que non nos permite estar satisfeitos porque aínda quedan 1.156 persoas desempregadas, convídanos a ser optimistas sobre o futuro do Concello e sobre a posibilidade de que tamén estas persoas poidan incorporarse satisfactoriamente ao mercado laboral continuando coa nosa política de dinamización e mellora do Concello” explica Soto.

Ademais estas cifras positivas estímase que contunuarán a mellorar a curto prazo, grazas ao Plan Integrado de Emprego, aos dous novos Obradoiros Municipais de Emprego que a Xunta lle concedeu ao Concello de Mos e ás catro Accións Formativas para Desempregados (AFDs) que tamén acaban de ser concedidas pola administración autonómica.

FORO DE EMPREGO

Como mostra do compromiso do Concello de Mos co emprego, e como exemplo do que debe de ser a colaboración entre unha administración local e os seus empresarios, o Concello e AEMOS, no seu papel activo co compromiso social co emprego, levará a cabo una novo FORO DE EMPREGO denominado ACTITUDE, no Pazo de Mos o próximo 7 de setembro.

ACTITUDE ten como obxectivo achegar a realidade laboral a todas aquelas persoas que queiran coñecer de man de expertos en selección o seu grao de competitividade laboral atendendo aos perfís profesionais que estes requiren na selección de persoal de cada empresa. Identificaranse os postos de traballo máis demandados e analizaranse os aspectos crave mellor valorados por estes expertos nos procesos de selección. Todo iso de maneira proactiva a través de simulacións de entrevista de selección e de recreación de contornas reais de traballo.

Con esta Xornada de Emprego AEMOS e CONCELLO DE MOS continúan comprometidos activamente co emprego, creando conxuntamente plataformas e establecendo lugares para o encontro e a participación dos diferentes actores do mercado laboral, estimulando a implicación dun forte e heteroxéneo tecido empresarial co emprego, nun territorio de alto grao de dinamismo socioeconómico. Grazas a este consorcio polo emprego as diferentes iniciativas postas en marcha ano a ano permitiron CONSOLIDAR a redución do número de desempregados no municipio.