Mos solicita unha subvención que supera os 300.000 euros para contratación de operarios e melloras na seguridade viaria, na prestación de servizos, e no Campo de Fútbol de Cototorrón

A solicitude foi aprobada na última Xunta de Goberno Local, celebrada esta semana no Concello
Publicado por o día 18/01/2019 na sección de Galicia,Mos

Mos solicita unha subvención que supera os 300.000 euros para contratación de operarios e melloras na seguridade viaria, na prestación de servizos, e no Campo de Fútbol de Cototorrón

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou hoxe de que a Xunta de Goberno Local celebrada esta semana aprobou a solicitude de subvención ao Plan Concellos 2019 por importe de 302.824,59 euros.

Con cargo á liña 2 do Plan, correspondente a “Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes incluídos os derivados da realización de actos culturais, deportivos, sociais, educativos, etc.” solicítanse un total de 87.819,13 euros. E con cargo á liña 3, relativa a “Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais” solicítanse un total de 215.005,46 euros. Puidendo, tal e como recollen as bases da convocatoria destas axudas, se non se fai uso íntegro das liñas 2 e 3, empregar parte da contía asignada para facer investimentos (liña 1).

Deste xeito, na última Xunta de Goberno Local do Concello de Mos aprobouse a solicitude da subvención con cargo ao Plan de obras e servizos (Plan Concellos) 2019, para as liñas 3 e 2, e empregar os sobrantes para facer investimentos (liña 1) distrubuíndose as contías solicitadas do seguinte xeito:

Da liña 3, “Emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais”, 66.557,40 euros para a contratación de 6 traballadores durante 7 meses que serían 3 operarios conservadores de parques e xardíns e 3 peóns de obras públicas.

Da liña 2, “Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes incluídos os derivados da realización de actos culturais, deportivos, sociais, educativos, etc.”, 87.819,13 euros para a prestación do servizo público de recollida e transporte dos residuos sólidos urbanos, e limpeza viaria no Concello de Mos.

E que todos os sobrantes das liñas 2 e 3 que se produzan se destinen a liña 1 de investimentos, de xeito que 48.333,45 euros se destinen ao proxecto de edificación deportiva destinada a ximnasio no Campo de Fútbol de Cototorrón, e 100.114,61 euros se destinen á realización e financiamento do investimento ‘Mellora na Seguridade Viaria na Estrada Alto de Barreiros-Santiaguiño. Parroquia de Louredo’.