O Director Xeral da empresa mosense RODAVIGO Suministros Industriales, Rodamientos Vigo S.A., Nazario Correa Sestelo, ven de confirmar que doará a Mos, a través da iniciativa ‘Pulso Solidario’, 2.000 mascarillas infantís para protexer á poboación mosense de entre 3 e 10 anos de idade. Así o anunciou hoxe a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo.
RODAVIGO atópase ubicada no mosense Polígono Industrial do Rebullón.
Arévalo, rexedora local do Concello de Mos, informou de que, tras a iniciativa municipal de dotar a toda poboación xeral adulta mosense de mascarillas a domicilio, agora “prevese que as 2.000 mascarillas infantís cheguen ás nosas mans o vindeiro venres 1 de maio e desde o Concello comezaremos a envialas por correo postal aos domicilios dos/as cativos/as o luns 4 de maio“.
Para elo desde o departamento de Rexistro Xeral e Padrón Municipal atópanse xa traballando para localizar todas as direccións dos fogares dos destinatarios destas mascarillas que contan cunha característica moi importante, que é que se tratan de tipo FFP2 con homologación certificada.
Noticias de última hora en Vigo