Mos, terra de axuda e voluntariado

Actualmente Mos Axuda repartirá entre as familias necesitadas 6.500 quilos de alimento aportados pola Cruz Vermella
Publicado por o día 19/10/2017 na sección de Galicia,Mos

Mos, terra de axuda e voluntariado

Onte a plataforma solidaria municipal mosense, Mos Axuda, recibiu unha aportación de 6.500 quilos de alimentos para repartir entre as familias necesitadas da localidade. Na recepción dos alimentos nas instalacións de Mos Axuda estiveron presentes a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, e parte dos volunarios colaboradores da entidade.

As preto de sete toneladas de alimentos foron aportadas pola Cruz Vermella, coa que Mos Axuda ten un convenio de colaboración. A Cruz Vermella aporta alimentos a Mos Axuda en tres fases anuais. Esta é a segunda fase do presente ano 2017.

Os 6.500 quilos recibidos inclúen garbanzos cocidos, sardiñas en conserva, tomate frito, espaguetis, crema de verduras en sobre, galletas e Cola Cao. A maior parte destes alimentos repartiranse de inmediato entre os 225 usuarios/as (82 familias) beneficiarios/as de Mos Axuda, deixando unha pequena parte en stock para poder cubrir posibles emerxencias.

Nestes intres os voluntarios de Mos Axuda atópanse chamando por teléfono as familias para que pasen a recoller os seus lotes de alimento, que empezarán a repartir o vindeiro martes, día 24 de outubro.

Actualmente colaboran con Mos Axuda un total de 12 voluntarios/as, e é que o Concello de Mos conta cun gran espíritu solidario entre a súa poboación. Así o constatou onte Cebreiro, edil de Política Social mosense, quen tamén se referiu a implicación da administración local neste senso que, entre outras iniciativas, emprenderá a principios do vindeiro ano 2018 unha importante campaña de potenciación do voluntariado en Mos. No mes de xaneiro abrirase o prazo de inscrición para que os/as mosenses interesados en colaborar como voluntarios tanto con Mos Axuda como na organización e realización de actividades culturais en xeral, ou dirixidas a maiores, discapacitados, etc., en particular.

Ademais o Concello de Mos conta neste ano 2017 cunha subvención da consellería de Política Social da Xunta de Galicia, que xa recibira tamén o pasado 2016, e mediante a cal se cubren económicamente os seguros, transporte e dietas de 8 voluntarios/as de entre 16 e 30 anos; así como gastos de publicidade, camisetas, etc. Trátase do Programa Municipal de Voluntariado Xuvenil ano 2017, que supón unha mostra significativa da responsabilidade que a administración, neste caso o Concello Mos, asume no fomento do voluntariado do noso municipio.

A experiencia iniciada o ano pasado, condicionou definitivamente o desenvolvemento de diversos programas de voluntariado, cunha moi activa participación da poboación nos mesmos, sen límite de idade, pero cunha participación importante de menores de 30 anos.  Conscientes da importancia da acción voluntaria, e co obxectivo de promover a participación social dos cidadáns do municipio, e coa finalidade de crear unha rede de voluntariado, a nosa xestión está orientada a darlle continuidade a un Programa Municipal de Voluntariado, cunha sección específica e consolidada de Voluntariado Xuvenil. Un Programa que, coordinado desde a área de Atención Social, Xuventude (OMIX) e Emprego, supoña un avance indubidable no desenvolvemento do voluntariado no noso municipio; sirva para concienciar á poboación da importancia da participación voluntaria, e desde onde se regule a actividade voluntaria, potenciando a formación do voluntariado, e apoiando proxectos innovadores de acción voluntaria.

Este programa ten como obxectivo ser un punto de cohesión coa nosa xuventude, un espazo aberto de intercambio de experiencias e opinións, un espazo de entretemento e formación facendo de tódolos recursos dos que dispoñemos unha ferramenta coa que achegarnos a nosa mocidade. Deste xeito, a finalidade do proxecto é impulsar actuacións que vaian dirixidas a facilitar a participación da xuventude en actividades tanto sociáis, culturáis, educativas, sobre todo de cara a mellorar a empregabilidade e a participación activa na sociedade.

O Concello de Mos, leva moito tempo fomentando a acción voluntaria e dando cabida a aquelas solicitudes de voluntarios/as que queren colaborar cos distintos servizos do Concello en servizos de interese xeral, e sobre todo as accións máis sociáis de solidaridade veciñal.

Dende o ano 2016, púxose en marcha un grupo amplio de voluntarios/as no municipio, para temas fundamentalmente sociáis. En xaneiro de 2017, agregouse ao programa de voluntariado xuvenil, accións sociáis derivadas dese programa inicial, e os voluntarios/as xuvenís que participaban no mesmo, ata un número de 8.

Os 8 voluntarios deste programa son 6 mozos/as de idades comprendidas entre 18 e os 30 anos e 2 mozas menores de 18 anos, con autorización dos seus pais; que realizaron al longo do presente ano 2017 actividades con colectivos en situación de risco: Mos Axuda, participaron no campamento matinal para nenos e nenas do concello de Mos: Mañás de Verán 2017, impartiron actividades educativas e lúdicas dirixidas a poboación infantil e xuvenil e con discapacidade e actividades relacionadas coa cultura e o turismo no municipio (posta en valor do medio rural); así como actividades relacionadas co Camiño de Santiago.