Mosteiro de Oseira, unha aposta e avanzar ao XACOBEO 2021

Afirma que a Xunta seguirá mellorando as condicións dos BIC asociados ao Camiño
Por o 23/01/2018 | Sección: Turismo
Mosteiro de Oseira, unha aposta e avanzar ao XACOBEO 2021

Cun investimento total que rolda os 800.000 euros, as obras neste mosteiro de Santa María A Real de Oseira –que ten a declaración de BIC na categoría de monumento histórico- teñen como obxectivo potenciar o atractivo cultural e turístico da comarca e, ao mesmo tempo, forman parte do programa que está a desenvolver a Xunta para actuar en todos os bens de interese cultural que se atopan preto dos camiños de Santiago. Neste sentido, precisou que a actuación abarca a igrexa do mosteiro, a fachada principal exterior do claustro da hospedaría, parte da cuberta, intervencións nos claustros, na sancristía e na sala das Palmeiras, entre outros lugares. Non en van, a súa biblioteca, datada de 1766 conserva uns fondos bibliográficos de importancia excepcional, cuns 30.000 volumes de ampla temática.

“Estou convencido de que este proxecto será bo para esta zona, xa que suporá un pulo económico e cultural; e, tamén, para o resto de Galicia, porque supón conservar a nosa cultura”, aseverou, destacando tamén que este mosteiro se atopa preto dunha das paisaxes máis fermosas de Galicia como é a Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio da Humanidade Nuñez Feijóo.

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta incidiu en que a nosa cultura é o símbolo das mellores cousas que fixemos e o alento para as que nos quedan por facer. E, neste contexto subliñou que Galicia xa dispón de instrumentos para fomentar as boas prácticas patrimoniais, como a nova Lei do patrimonio cultural de Galicia, unha norma que combina a máxima protección do patrimonio coa axilidade e a simplificación dos trámites administrativos.

Feijóo concluíu incidindo en que o Goberno galego seguirá mellorando as condicións dos bens de interese cultural asociados ao Camiño e, nesta liña, repasou algúns deles nos cales a Xunta está a actuar na provincia de Ourense, como son: a catedral de Ourense; a rehabilitación completa do castelo de Monterrei; o mosteiro de Montederramo; o mosteiro de Melón, a finalización da reitoral de Ribadavia, na que se instalará o Museo do Viño de Galicia, a rehabilitación dunha parte do mosteiro de San Clodio, do convento de San Francisco, así como varias actuacións na Ribeira Sacra. “Estas actuacións complétanse con outras que se están a levar a cabo en toda a Comunidade, ademais das actuacións en todas as catedrais de Galicia”, recordou.

Así mesmo, resaltou que estes días a Comunidade galega presentou en Fitur unha proposta completa en paisaxes, ocio e a Comisión organizadora do Xacobeo 2021 xa está en marcha, “porque o Camiño segue a ser o mellor escaparate para todo o que temos que ofrecer ao visitante, a mellor porta de entrada”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.