A Mostra do Posible ofrecerá zona gratuita de acampada gracias á colaboración da A.C. A Tiradoura

Publicado por o día 24/08/2017 na sección de Cangas,Cultura,Galicia

A Mostra do Posible ofrecerá zona gratuita de acampada gracias  á colaboración da A.C. A Tiradoura

A organización da Mostra do Posible e a asociación cultural A Tiradoura de Cangas chegaron a un acordo de colaboración para que as persoas asistentes a ao evento ─que terá lugar na Alameda Nova os días 7 e 8 de outubro─ podan facer uso, de xeito completamente gratuito, da área de acampada da asociación cultural, situada a poucos metros da Alameda.

O espazo, verde e arbolado, estará a disposición das persoas que o precisen dende o venres día 6 ata o domingo 8, previa reserva mediante un email ao enderezo mostradoposible@gmail.com ou no formulario da web mostradoposible.gal.

Ampliado o prazo de inscrición para colectivos.

Un total de 27 colectivos sociais e empresas de economía solidaria confirmaron xa a súa asistencia á Mostra do Posible, cuxo prazo de inscrición remataba o pasado día 15. Sen embargo, ante as peticións reiteradas de prorrogar dito prazo, a organización decidiu amplialo ata o 1 de setembro para favorecer a participación da maior cantidade de colectivos.

Aquelas organizacións que aínda non o fixeron e que desexen sumarse, atoparán na web da Mostra toda a información necesaria para facelo.