A mostra «Lago Rivera: No principio dun mundo, 1916-2016» inaugúrase no Teatro Afundación de Vigo

A exposición, celebrada con motivo do centenario do nacemento do pintor, estará aberta ao público ata o 19 de novembro.
Publicado por o día 19/09/2016 na sección de Cultura,Vigo

A mostra «Lago Rivera: No principio dun  mundo, 1916-2016» inaugúrase no Teatro Afundación de Vigo

A Sala de Exposicións do Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) estará aberta ao público ata o 19 de novembro en horario de luns a venres de 17.30 a 20.30 h e sábados e festivos de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h.

A exposición, que se desenvolve en colaboración coa Xunta de Galicia, está conformada por 42 obras cedidas por variadas coleccións, públicas, privadas e prestatarios particulares. Compleméntase cun completo catálogo cuxo texto analítico está asinado polo comisario, Carlos L. Bernárdez, quen será mañá o encargado de presentar aos medios a mostra.