Motorista ferido en Cangas e unha menor atropelada en Moaña

Publicado por o día 25/10/2018 na sección de Sucesos

Motorista ferido en Cangas e unha menor atropelada en Moaña

Ás 3:20 horas desta madrugada, en Cangas, un motorista resultou ferido de consideración despois de saírse da vía o vehículo que conducía. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro produciuse na estrada da Magdalena a Aldán e alí acudiron os servizos sanitarios e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Tamén colaboraron os membros do servizo local de Protección Civil.

Ademais, na mesma comarca do Morrazo, unha menor foi alcanzada por un vehículo á altura de Pandiña, en Moaña. Sucedeu esta mañá, sobre as 8:30 horas, preto dunha parada de autobús.

Como consecuencia do golpe, a pequena foi trasladada  ao PAC da localidade.