Movementos Sociais de Vigo convoca un acto solidario polas Políticas Sociais de calidade e o Dereito a Axudas Dignas

Publicado por o día 11/06/2015 na sección de Asamblea Movimientos Sociales,Social

Movementos Sociais de Vigo convoca un acto solidario polas Políticas Sociais de calidade e o Dereito a Axudas Dignas

Queremos informar da convocatoria dun acto solidario por unhas novas políticas sociais de benestar no ámbito municipal da cidade de Vigo. Será o día 13 de xuño ás 11:30 diante do concello, coincidindo coa constitución da nova corporación municipal.

Convoca a Asemblea de Movementos Sociais de Vigo, coordinadora cidadá que aglutina veciños/as de Vigo preocupados polo benestar social e movementos sociais e veciñais (RSP, Os ninguéns, FAVEC) apoiados por sindicatos (CGT, CIG e CUT) e partidos políticos (BNG, EQUO, Os Verdes).

Apoiará asimismo esta convocatoria a formación política Piratas de Galicia.

A asemblea desexa aclarar que este non é un acto de oposición política á constitución da nova corporación, senón unha simple reivindicación cercana ao acto de investidura para que o novo goberno do concello, como primeira porta dos cidadáns, recorde e teña claras as necesidades do servicio de Benestar que están sin resolver, para o que se entregará un escrito por rexistro xeral recollendo estas propostas que se pide que se atendan como urxentes e prioritarias, xa que a fame e as carencias que están a pasar os veciños e as veciñas de Vigo son e deben ser o primeiro.

PRENSA ASAMBLEA MOVIMIENTOS SOCIALES VIGO