Mozos e mozas de NNXX reclaman a reforma das pistas deportivas do parque do Piñeiro en Torneiros

As instalacións deportivas atópanse totalmente impracticables e supoñen ademais un risco para os usuarios e usuarias do parque.
Publicado por o día 16/11/2018 na sección de Galicia,O Porriño,Partido Popular,Política

Mozos e mozas de NNXX reclaman a reforma das pistas deportivas do parque do Piñeiro en Torneiros

Mozos e mozas de Novas Xeracións do Porriño veñen de amosar o seu malestar e preocupación polo mal estado no que se atopan as pistas deportivas ubicadas no parque do Piñeiro, en Torneiros. Tal e como comprobaron na visita que realizaron a estas instalacións, na que estiveron acompañados polo edil M. Alejandro Lorenzo, as pistas de tenis e a cancha de baloncesto que podían ser utilizadas por numerosos veciños, mozos e nenos da parroquia de Torneiros presentan unha evidente falta de mantemento e deficiencias que impiden que podan ser usadas.

“As pistas están totalmente impracticables, as redes rotas, buracos no firme, as liñas sen marcar, o peche da pista tumbado e cos ferros oxidados tirados no chan”, denuncia o presidente da formación xuvenil, Sergio Bugarín, “Todo esto son signos claros da desatención por parte do Concello. Non se pode permitir nun Concello como o noso no que pretendemos fomentar todos os deportes e dar opción de que cada cidadán poda elexir practicar calquer actividade deportiva”.

No mesmo sentido se manifesta o Secretario Xeral, Sergio Iglesias, “Non podemos deixar que a inoperancia municipal chegue a estes extremos cunhas instalacións deportivas que non se poden usar , estamos ante un verdadeiro risco para a integridade física das persoas que acuden ao parque. Por elo debemos reclamar urxentemente a súa renovación para posibilitar o disfrute por parte das veciñas e veciños do Porriño”.

As reclamacións sucédense nos últimos anos sen que o Concello do Porriño tome medidas. As instalacións continúan sen poder acoller ningún tipo de actividade deportiva ademais de supoñer un evidente risco para a seguridade dos usuarios do parque, moitos deles cativos.

O grupo municipal do Partido Popular esixe a reforma urxente destas pistas non só por atoparse impracticables, senon polo risco que supoñen e a fin de evitar que aconteca ningún tipo de accidente. “Reclamaremos o arranxo destas instalacións de maneira urxente”, adiantou Lorenzo, para quen resulta “lamentable que moitos mozos e mozas de Torneiros teñan que desprazarse fóra para poder disfrutar do deporte que lles gusta cando dispoñen de pistas municipais. O Porriño é o Concello do Deporte sobre todo polos grandes talentos que da nas múltiples disciplinas e a práctica deportiva da nosa xuventude que dende nenos se inician no deporte que elixen no seu propio pobo. É unha verdadeira mágoa que dende o Concello non se amose o seu apoio”.