Muller de 70 anos ten que soportar viaxes de 6 horas para hemodialise tendo un hospital a 20 minutos do seu domicilio

Por o 16/05/2017 | Sección: Sanidad,Vigo
Muller de 70 anos ten que soportar viaxes de 6 horas para hemodialise tendo un hospital a 20 minutos do seu domicilio

Dende a Coordinadora Anti-Privatización da Sanidade Pública queren denunciar a situación que está a vivir unha veciña de Carnota (A Coruña), Dª María Ramona Blanco, que con 70 anos de idade, e con múltiples patoloxías renais e cardiovasculares, ten que levantarse 3 días á semana ás 5:30 da maña para ser levada ao Hospital de Santiago de Compostela e ser sometida a hemodiálise. O viaxe dura 3 horas, xa que se recollen polo camiño outros pacientes da comarca. Logo de 4 horas de hemodiálise ten outras 3 horas de viaxe de volta.

A súa familia presento petición á Xunta de Galicia para que lle fora concedido o traslado ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee, que esta a 20 minutos do seu domicilio, para a realización do tratamento.

Aínda que o hospital de Cee non corresponde a súa área sanitaria, o seu fillo está disposto a levala persoalmente a Cee e acabar coa tortura que supón para unha persoa da súa idade ter que levantarse ás 5:30 da maña, aguantar 6 horas de viaxe e 4 horas de tratamento.

A Coordinadora Anti-Privatización da Sanidade Pública dín “que non se pode permitir este tipo de situacións inhumanas. Situacións que reflicten a escaseza de medios que esta a sufrir a sanidade galega, e que pagan os pacientes, moitas veces coas súas vidas. Os recortes MATAN, e non podemos quedar calados ante tanto desprezo, ante esta falta de empatía dos actuais xestores do SERGAS”.

Como se expón no recurso presentado polo seu fillo ante a Xunta de Galicia, as doenzas que ten, unido a súa idade, lle causan un esgotamento físico e psicolóxico considerables, agravando outras enfermidades que padece. Se encontra sometida a un sufrimento innecesario cando no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, a 20 minutos do seu domicilio, tamén hai programa de diálise.

Un esgotamento físico e psicolóxico que está a afectar tamén a súa familia ante esta situación na que se senten impotentes, e que ven como a saúde Maria Ramona se resinte con cada un dos seus viaxes.