Muller ferida na Coruña

Publicado por o día 06/09/2018 na sección de Sucesos

Muller ferida na Coruña

O 112 Galicia rexistrou ás 9:30 horas de hoxe, outro accidente no que tamén se viu implicada unha muller, que resultou ferida a causa dunha colisión entre dous turismos na AC-14, á altura do Polígono da Grela.

Varias persoas alertaron ao persoal do 112 Galicia do accidente, que chamou a atención doutros condutores polos danos sufridos nun dos vehículos implicados e debido á posibilidade de que a muller estivese, tamén, atrapada no interior do coche. De feito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisouse aos Bombeiros da Coruña, aínda que, finalmente, descartaron intervir en canto comprobaron que a condutora estaba liberada e accesible.