“Mulleres en acción. Violencia zero” fará reflexionar este mércores ao alumnado do IES de Ponte Caldelas coa performance de Concha Mayordomo

A deputada de Igualade, Isaura Abelairas, asistirá á sétima actuación do programa que organiza a institución provincial por cuarto ano consecutivo

O IES de Ponte Caldelas acollerá este mércores 13 de febreiro, ás 13.30h, a sétima intervención da cuarta edición do programa da Deputación de Pontevedra “Mulleres en acción. Violencia zero”. Ao acto, que terá como protagonista á artista madrileña Concha Mayordomo, asistirán a deputada de Igualdade, Isaura Abelairas. “Mulleres en acción. Violencia zero” é unha iniciativa promovida pola institución provincial que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o traballo de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade.

Nesta ocasión a actuación correrá a cargo da madrileña Concha Mayordomo, que, coa súa obra “efectos colaterais” proporá un exercicio de análise crítica da realidade a través das novas nos medios de comunicación para dar énfase á inxustiza que segue allea moitas veces aos dereitos das persoas máis vulnerables. Así, tentará sensibilizar sobre o sufrimento que a violencia machista impón a nais, fillas e fillos.

Este ano “Mulleres en acción. Violencia zero” volve reunir o traballo de 25 artistas especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero. Esta cuarta edición comezou en novembro de 2018 e novamente se celebra en 25 concellos da provincia (Vigo, Pontevedra, Ponteareas, Salceda de Caselas, Vilaboa, Mos, Ponte Caldelas, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Barro, Lalín, O Grove, Silleda, Tomiño, Poio, As Neves, A Illa de Arousa, Baiona, Cangas, A Guarda, Forcarei, Gondomar, Cuntis, Meis e Nigrán).

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM