Municipios españois e portugueses reclaman máis presencia local no deseño dos orzamentos comunitarios

“Temos que participar de forma activa no deseño orzamentario europeo”, dixo Abel Caballero no Cumio Hispano-Luso sobre Infraestruturas e Cooperación Transfronteiriza que se celebra en Vigo. Os máximos responsables das asociacións de Entidades Locais de España e Portugal, convocados pola Deputación de Pontevedra, reafirmaron o seu interese en traballar unidos para prantexar a súas demandas cunha voz única e forte.
Publicado por o día 20/06/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Municipios españois e portugueses reclaman máis presencia local no deseño dos orzamentos comunitarios

O presidente da FEMP, Abel Caballero, pediu esta mañá que os gobernos locais “participemos de forma activa no deseño orzamentario europeo”. Nun momento como o actual no que, asegurou, “se está a trazar ese orzamento”, os municipios “queremos estar na execución, estar na Europa que decide”. Así o manifestou esta mañá no marco da apertura do Cumio Hispano Luso, coa Deputación de Pontevedra como anfitrioa, sobre Infraestruturas e Cooperación Transfronteiriza, un encontro no que os representantes das asociacións de Entidades Locais de España e Portugal, FEMP e ANMP (Asociación Nacional de Municipios Portugueses), analizan, debaten, prantexan liñas de cooperación entre ambos lados da fronteira e “deciden cara onde queremos orientas estas relacións”.

Ao Cumio, que se celebra en Vigo, asistiu tamén a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o vicepresidente da ANMP, Antonio Almeida. Na súa intervención, coincidiron con Caballero na necesidade de facer “lobby” entre ambas asociacións, incluso de sumar outras similares do sur de Europa, para elevar así á UE as demandas locais dos estados do sur cunha única voz, máis forte porque, en palabras do primeiro edil de Vigo, “queremos que a Europa dos estados sexa tamén a Europa dos municipios”.

Todos eles coincidiron na necesidade de que os municipios teñan voz á hora de plantexar as grandes redes de infraestruturas en Europa, para conseguir así maior integración entre os gobernos locais dos dous países e garantir a colaboración en aspectos que van desde a prevención de incendios e a protección civil, ata o apoio social e a cultura. “Temos que ser disciplinados e fixar prioridades no traballo das dúas asociacións”, asegurou Almeida que, na súa condición de alcalde de Viseu, traballou cos municipios españois veciños a súa Cámara Municipal en temas como a despoboación. Ambas delegacións fixaron, por último, por último manter encontros trimestrais a partir do próximo mes de xullo cando se perfilarán propostas concretas e folla de ruta.