O Museo Quiñones de León custodiará 400 moedas históricas incautadas pola Garda Civil

O alcalde recibiu este xoves de man do SEPRONA o material da época romana, Idade Media e dos séculos XII ao XVII que se deposita no Pazo de Castrelos por orde xudicial, logo dunha investigación iniciada en Murcia, que continúa aberta
Publicado por o día 17/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Museo Quiñones de León custodiará 400 moedas históricas incautadas pola Garda Civil

O alcalde recibiu este xoves de man do SEPRONA o material da época romana, Idade Media e dos séculos XII ao XVII que se deposita no Pazo de Castrelos por orde xudicial, logo dunha investigación iniciada en Murcia, que continúa aberta.

Abel Caballero transmitiu o seu agradecemento á Garda Civil pola entrega das 400 moedas de valor histórico e patrimonial incautadas polo SEPRONA e que se suman ao patrimonio museístico e histórico da cidade no Quiñones de León, quedando a disposición xudicial.

Segundo explicou, o material incautado procede de espolios cometidos na zona de Levante, que se vendían de forma ilegal a través de Internet, e que foron incautadas tras unha investigación e proceso xudicial iniciado en Murcia, que segue aberto. Entre as pezas confiscadas, figuran moedas prerromanas, romanas e medievais así como dos séculos XII ao XVII.

Caballero valorou que as moedas sexan custodiadas no Museo e referiuse á importancia de que os restos arqueolóxicos permanezan nos seus lugares de orixe.