O musical infantil La patrulla al rescate no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo

O espectáculo será o sábado 4 de marzo ás 17.30 h.
Publicado por o día 22/02/2017 na sección de Cultura,Vigo

O musical infantil La patrulla al rescate no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo

O Auditorio do Teatro Afundación de Vigo (Marqués de Valladares, s/n) acollerá o vindeiro sábado 4 de marzo a partir das 17.30 h o espectáculo musical infantil La patrulla al rescate, cos personaxes dos coñecidos debuxos animados de La patrulla canina como protagonistas.

As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500.

Musical infantil La patrulla al rescate

A Perla Azul encallou na Illa dos Cocos por andar na procura da onda máis grande do mundo. Mentres a tripulación se achega ata a Illa dos Cocos para coñecela, un malvado pirata e o seu axudante aproveitan para apropiarse do barco, e non teñen intención de devolvérllelo.

Para que a capitá da Perla Azul recupere o seu barco, terá que facer un trato co aproveitado pirata. Pero non poderá levalo a termo sen a axuda da patrulla máis valente e audaz que coñece, a Patrulla Canina.

Con cancións e bailes mostrarán a importancia de axudar, e transmitirán que con esforzo e valentía se conseguen moitas cousas e que as malas actitudes non son recompensadas.