O musical El Mago de Oz chega o Teatro Afundación Vigo

As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.
Publicado por o día 18/01/2017 na sección de Cultura,Vigo

O musical El Mago de Oz chega o  Teatro Afundación Vigo

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o vindeiro sábado 28 de xaneiro, ás 17.30 h, o espectáculo musical El Mago de Oz, desenvolvido e interpretado pola compañía Teatromedia que leva máis de seis anos de percorrido e máis de 1000 funcións ás súas costas. As entradas pódense adquirir a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.

Dirixido a toda a familia, El Mago de Oz é un show que combina teatro moderno e familiar con baile, cancións e moita diversión para que pequenos e maiores o pasen en grande, gozando unha vez máis deste clásico de L. Frank Baum contado dun modo un tanto diferente, porque nesta versión nada é o que parece: a Fada Glinda é tan torpe como efectiva, a Bruxa do Oeste é bastante neurótica, o León Covarde parece unha versión animal de Tony Manero, o Home de Folla de Lata ten complexo de Clint Eastwood, e o Espantallo ten a memoria dun peixe e a inocencia dun neno.

A través destes personaxes a historia pretende humanizar a maxia e atender as necesidades do público adulto, para que toda a familia goce dunha experiencia compartida.