Músicas cativas do Viso, este domingo 15 na antiga escola de Tuimil

Por o 11/10/2017 | Sección: Cultura,Eventos,Galicia,Redondela
Músicas cativas do Viso, este domingo 15 na antiga escola de Tuimil

A Sociedade Cultural do Viso organiza para o vindeiro domingo 15 ás 12h un concerto con violíns e pandeireta encadrado no seu programa anual de pequenos actos na Antiga Sociedade de Agricultores do Viso, Músicas Cativas.

O evento de carácter familiar achégase nesta ocasión á un instrumento de corda, o violín e  a tradicional pandeireta, co que se pretende que sobre todo os máis cativos coñezan e desfruten das posibilidades musicais destes instrumentos. Cotarase coas Pandereteiras de Cidadelle máis coa presenza a continuación do Grupo de Violíns de Saxamonde,. O concerto é aberto a tódolos públicos e ven encadrado dentro do Convenio Interparroquial da Concellería de Cultura de Redondela.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.