Músicas cativas do Viso, o domingo 17 na antiga escola Tuimil

Publicado por o día 15/11/2019 na sección de Galicia,Redondela

Músicas cativas do Viso, o domingo 17 na antiga escola Tuimil

A Sociedade Cultural do Viso organiza para o vindeiro domingo 17 ás 12h un concerto no que a musica é a protagonista protagonistas. Esta actividade está encadrada no seu programa anual de pequenos actos na Antiga Sociedade de Agricultores do Viso, Músicas Cativas. O evento de carácter familiar pretende que sobre todo os máis cativos coñezan e desfruten do encanto de diversos estilos de música. Contarase co grupo de Guitarra Clásica Os Acordes, cos Gaiteiros Tirapuxa, coas Pandereteiras do Circulo Cultural de Chapelas e o Grupo de Violíns de Saxamonde. O concerto é aberto a tódolos públicos e ven encadrado dentro do Convenio Interparroquial da Concellería de Cultura de Redondela.

Comentar noticia

Your email address will not be published.