Mutua Universal inaugura un novo centro asistencial de referencia na cidade de Vigo

O novo centro, enerxéticamente eficiente, conta cunha distribución que mellora a accesibilidade e a calidade do circuíto asistencial e incorpora avances tecnolóxicos de última xeración.
Publicado por o día 23/10/2019 na sección de Galicia,Vigo

Mutua Universal inaugura un novo centro asistencial de referencia na cidade de Vigo

Mutua Universal, mutua colaboradora coa Seguridade Social, inaugurou un novo centro asistencial na cidade de Vigo, que dará cobertura aos 28.480 traballadores, 5.056 autónomos e 3.000 empresas asociadas da Entidade nesta provincia, onde atende unha media de 1.800 traballadores mensuais.
 
O novo centro, que gaña en espazo e luminosidade, dispón dunha superficie útil de 690 m2 distribuída en dúas plantas. O circuíto asistencial mellora a súa accesibilidade e calidade, con 495 m2 sitúase na planta baixa e aloxa cinco despachos médicos, unha sala de radioloxía con tecnoloxía dixital avanzada, unha sala de fisioterapia e dúas salas de curas -una das cales está equipada co servizo de telemedicina de Clínica Online, que permite a todos os profesionais sanitarios realizar asistencia médica a distancia e en tempo real cos mellores profesionais de cada especialidade, grazas á interconexión de máis de cen centros asistenciais e dúas áreas de control hospitalario-. A primeira planta con 195 m2, concentra a área administrativa e de xestión.
 
As instalacións tamén incorporan melloras de tipo enerxético como a iluminación led en todas as estancias, sensores lumínicos, analizadores de rede no circuíto de climatización e acristalamentos en vidros de fachada de baixa emisividad.
 
A inauguración do centro -situado en Rúa de Pizarro, 26 de Vigo- contou coa presenza de María Gloria Redondo, directora xeral do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS); Juan Antonio Martínez, subdirector xeral de Coordinación de Unidades Médicas; Fernando Álvarez- Blázquez director provincial do Instituto Nacional da Seguridade Nacional (INSS); Juan Echevarría, presidente de Mutua Universal; e Juan Güell, director xerente de Mutua Universal, entre outras autoridades e representantes da Entidade.
 
Na apertura do acto, o presidente de Mutua Universal, Juan Echevarría, destacou que “Mutua Universal aposta polo traballo constante e o compromiso a través da innovación e o uso da tecnoloxía máis avanzada”. En referencia ao centro de Vigo, mencionou que “Mutua Universal ten como obxectivo a mellora continua das súas instalacións para ofrecer o mellor servizo aos seus traballadores protexidos”.
 
Para pechar o acto, a directora xeral do Instituto Nacional da Seguridade Social, María Gloria Redondo, felicitou a Mutua Universal pola inauguración deste novo centro “que é reflexo da continua innovación e mellora dos servizos de Mutua Universal; unha innovación e mellora conseguida, sen dúbida, poñendo paixón no traballo diario”. Para finalizar, destacou que “tanto o INSS como as mutuas aseguradoras, temos que esforzarnos en experimentar novas formas de prevención, tendo sempre presente que avanzar é sinónimo de crear, porque non hai dúbida de que a forma máis eficaz de coidar as capacidades laborais dos traballadores é mediante a prevención das súas incapacidades”.