Na Av. De Ramón Nieto coa confluencia con Manuel Álvarez escoitouse esta noite “Alto, Pare!”

Publicado por o día 15/11/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Na Av. De Ramón Nieto coa confluencia con Manuel Álvarez escoitouse esta noite “Alto, Pare!”

Esta mesma madrugada ás 04:30 horas, unha patrulla da Policía Local de Vigo circulaba en servizo ordinario pola Av. De Ramón Nieto, os axentes observaron ao chegar á confluencia desta rúa con Manuel Álvarez.

Para ese efecto, procederon á súa persecución, logrando interceptalo e detelo para proceder á denuncia da infracción observada.

O condutor do vehículo, D. H. A, de Vigo e 21 anos de idade, respondeu o requirimento de facilitar o seu permiso de condución cunha negativa, motivada ao hacho de que, como manifestou “nunca obtivera permiso algún”.

Os actuantes verificaron esta información mediante cotexo coa base telemática da JPT. Verificando ese dato, co que se cumpren todos os requisitos para a comisión dun presunto delito contra a Seguridade Viaria recollida no artigo 384 do Vixente Código penal.

Por este motivo instruíronse dilixencias para o efecto, para o seu traslado á autoridade xudicial competente.

A maiores, cursouse denuncia administrativa pola infracción cometida e, inmobilizouse o vehículo no Depósito Municipal.