Na butaca [fantasía nº3 en Dor Maior] chega a Vigo

A sala Ártika acolle durante tres días este interesante proxecto que da vida ao último texto de Carrodeguas.
Publicado por o día 07/11/2017 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

Na butaca [fantasía nº3 en Dor Maior] chega a Vigo

O proxecto teatral nace da pluma de Esther F. Carrodeguas, que ven de conquistar ao público con Voaxa e Carmín, aínda en xira, e que agora decide enfrentarse a un tearo social pero de novo poético, para ofrecer unha visión optimista e filosófica arredor do esquecemento. Con este proxecto teatral e de novo moi poético, seguindo a liña creativa de Carrodeguas, Pepa Barreiro volve ao teatro da man de ButacaZero e faino soa ante o público. O seu traballo interpretativo leva gañando loubanzas por parte dos espectadores e espectadoras dende a súa estrea en Compostela o pasado setembro.

COMO NACE O PROXECTO

Carrodeguas e Barreiro traballaron xuntas dende o primeiro día para conseguir crear un texto que se amoldara perfectamente á poética da escritora pero tamén á potencia escénica da actriz. LEvando a escena o esquecemento, ambas deron en crear un proxecto moi filosófico que nos fala tamén do vivir no presente, sen a presión contínua que adoito sufrimos do noso pasado e o noso futuro: preocupacións, culpas, ambicións… Para o traballo de luz e audiovisual que a proposta escénica requería, contaron co traballo de Laura Iturralde.

O LIBRO, DA MAN DE GALAXIA

O texto poético e teatral, que non achega unha proposta de poesái visual con reminiscencias das vangardas do pasado século, veu publicado por Galaxia, e está xa en todas as librarías de Galicia. Máis tamén poderá mercarse na Sala Ártika de Vigo, onde a maiores o 20% do prezo de venda irá a parar a FAGAL (Federación Alzhéimer Galicia)​.


Sinopse: A obra, partindo da idea do vivir no presente dunha personaxe sentada na butaca e esquecida -perdida do seu pasado e do seu futuro, tamén- achéganos a unha realidade que por veces nos amosa paz e outras anguria; felicidade ou rabia. E xunto a ela imos do cómico ao escatolóxico pasando polo transcendente.

​N​a butaca remata por ser un alegato –poético- a favor da vida vivida no presente. Ao fin e ao cabo, quen non pensou algunha vez que o esquecemento nos faría máis felices?

​En escena: Pepa Barreiro

Texto e dirección: Esther F. Carrodeguas​

​Luz e audiovisuais: Laura Iturralde

Asesoramento vocal: Cristina Dominguez

Asesoramento corporal: Olga Came​selle

Deseño Teatro-Foro: Amantia Coello

Foto cartel: Merce Ares

Fotografía e Vídeo: Lara Bacelo​

Tipo de espectáculo: Teatro contemporáneo.

Tipo de público: Adulto + Adolescente