O Concello de Silleda, a través do departamento de Igualdade, vén de poñer en marcha unha nova iniciativa. Trátase da Escola de Empoderamento, que arranca con tres liñas de intervención: liderazgo feminino, Identidade e subxectividade feminina e Interculturalidade.
Dentro da denominada liderazgo feminino este mes levarase a cabo a primeira actividade co obradoiro sobre “Técnicas para falar en público”, cunha duración de 20 horas.
O curso que terá lugar na Casa da Cultura abordará cuestións coma o proceso de comunicación, ou a identificación de factores coma os medios e outros elementos, para que dende o coñecemento e o adestramento as participantes poidan adquirir técnicas que lle axuden a superar as dificultades á hora de falar en público.
Tamén se analizarán xestos e a linguaxe paralingüística que normalmente utilizamos, traballando o discurso para que este teña unha estructura diferenciada e sexa claro.
“Este curso busca mellorar as competencias das mulleres á hora de enfrontar con éxito o discursos e presentacións como ferramenta no ámbito laboral ou noutras facetas de participación social”, explica a concelleira de Igualdade, Pilar Peón.
Inscricións
O curso, que comezará o vindeiro 26 de setembro, conta con 12 prazas, e a selección das participantes efectuarase por orden de inscrición. As persoas interesadas poden anotarse dende o vindeiro luns día 17 ata o día 25 no Centro Social de Silleda ou chamano ao 986 592037.
O primeiro módulo, baixo o título Comunicación , terá lugar os días 26 e 27 de setembro (de 18:00 a 20:30 horas).
O módulo falar en público, abordando cuestións como a estrutura da mensaxe, confianza ou conexión co público –entre outros- terá lugar os días 3, 4, 10 e 11 de outubro, no mesmo horario.
Por último, a parte práctica levarase a cabo os días 17 e 18 de outubro.
Dende a Escola de Empoderamento, que se estrea con este obradoiro, están previstas máis actividades ao longo dos vindeiros meses.
A Escola de Empoderamento nace co obxectivo de convertirse nun espazo de encontro no que as mulleres analicen as súas propias experiencias e poidan disponer de ferramentas que contribúan a reforzar o seu sentido de individualidade e asuman responsabilidades sobre as súas propias decisións.
O centro continuará o vindeiro mes cun ciclo de charlas para reflexionar en torno á problemática de temáticas de xénero, cun formato informal, ou inciativas adicadas á inturculturalidade, incorporando as voces das mulleres inmigrantes.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.