Nace un novo Centro Cultural e Deportivo na cidade de Vigo

Perto do mercado do progreso, no antigo colexio San Miguel, ábrese o edificio ó público para unha gran variedade de actividades
Por o 11/09/2017 | Sección: Cultura,Educación,Vigo
Nace un novo Centro Cultural e Deportivo na cidade de Vigo

Na Rúa Joaquín Lóriga (perto do mercado do progreso) no antigo colexio San Miguel, ábrese o edificio ó público para unha gran variedade de actividades. Na primeira planta impártense as clases de apoio escolar para todos os nivéis e asignaturas, con grupos reducidos para garantir os aprobados.
Ademais danse tamén clases de lecto- escritura; pintura en inglés para nenos/as; talleres de inglés e escritura creativa. Ademais contase cunha psicopedagoga que ofrece talleres de técnicas de estudio para os alumnos con dificultades na aprendizaxe.

Na segunda planta impártense as clases de movemento: teatro, yoga, pilates, GAP; e as de máis movemento e tonificación: zumba e Bodytonic.

As actividades as levan un monitores e docentes especializadas/os na sua materia cunha larga experiencia e formación. Dase, a posibilidade de ter un espazo no que se ofrece cubrir todas as nosas necesidades culturáis, educativas e deportivas.

“Mente sana en corpore sano” As clases teñen plazas limitadas. Non deixedes de aproveitar esta oportunidade. Podedes seguilos no seu Facebook: – Centro Cultural y Deportivo Lóriga 2 – C y M fitness.

Abrénse as portas en octubro.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.