“Nadal na Federación Don Bosco”

Publicado por o día 28/12/2018 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

“Nadal na Federación Don Bosco”

A programación destas vacacións nos centros xuvenís Don Bosco de Galicia son unha man chea de actividades para tódolos gustos e idades. Entre elas destacamos unha que terá lugar o LUNS 31 simultaneamente, en distintos centros xuvenís de Galicia. Durante as Mañás de Nadal nos centros xuvenís de Santiago de Compostela (Centro Don Bosco), Lugo (Asociación Xuvenil Ateibo), Vigo (Asociación Xuvenil Abertal), A Coruña (Asociación Xuvenil Abeiro) e Ourense (Asociación Xuvenil Amencer), celebrarase unha festa de fin de ano anticipada con nenos desde os 3 ata os 14 anos.

FIN DE ANO EN MAÑÁS DE NADAL

O luns 31 nas actividades de “Mañás de Nadal” farase a festa de fin de ano adiantada a partir das 12 h, no que se invitará aos peques e as súas familias a tomar non as 12 uvas senón 12 produtos sorpresa adaptados as súas idades. Este ano, como vimos facendo dende hai 4 anos, os 5 centros xuvenís da Federación Don Bosco nos conectaremos en directo ás 13:00h para despedir todos xuntos o 2018 e dar comezo ao 2019. Serán preto de 200 rapaces dos nosos centros de Lugo, Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo e Ourense.

Mañás de Nadal xorde como resposta ante a necesidade de que os rapaces/zas destas idades tiveran unha oportunidade de ocupar o seu tempo libre dunha maneira lúdica e educativa, agora que non hai clases e dispoñen de máis tempo libre pola mañá.

Son actividades en horario de mañá, de 10:00 a 13:30 horas, e realízanse nos centros xuvenís da Federación Don Bosco. Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos participantes, propiciar a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións dos colexios fóra do horario escolar.

LUNS, 31 DECEMBRO de 2018

■》12.00h Actividades de Mañás de Nadal nos centros xuvenís de Santiago de Compostela, Lugo, A Coruña, Vigo e Ourense: Festa de fin de ano

■》13:00h Conexión en directo entre as 5 asociacións xuvenís.

■》Badaladas de fin de ano