A xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis e de Chapela, van realizar un acto simbólico, mañá xoves 19 de outubro ás 11:00 horas, na rotonda das Torres de Padín, camiño de Padín s/n en Teis.
O acto simbólico, consistira en despregar unha pancarta reivindicativa, para esixir do Ministerio de Fomento e da Xunta, a conversión da autoestrada AP-9 en urbana desde Teis ao centro, con acesos e a eliminación da peaxe no tramo Rande-Vigo.
Ademais ao remate deste acto simbólico, haberá declaracións de directivos de ambas asociacións.